Galería

O DOG publica hoxe as axudas para que os mariscadores a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que os mariscadores a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar e así acadar a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva; e convócanse para o ano 2013.

A normativa reguladora da actividade de marisqueo a pé establece que -con carácter xeral- os mariscadores a pé deben cesar na súa actividade no mesmo día en que acaden os 65 anos, sendo dados de baixa no censo correspondente e podendo solicitar a correspondente pensión de xubilación. Non obstante, existe un colectivo de mariscadores que, ao finalizar a súa actividade profesional por acadar a idade anteriormente indicada, non pode gozar da pensión de xubilación por non ter o período mínimo de cotización requirido pola Seguridade Social. Con estas axudas, o departamento que dirixe Rosa Quintana pretende axudar a este colectivo para que completen os períodos mínimos e así poder alcanzar a pensión de xubilación.

Prazo de solicitude e contía. Os mariscadores que desexen ser beneficiarios destas axudas deberán cumprir unha serie de requisitos, debidamente expostos na Orde de axudas, tendo un prazo de solicitude dun mes a partir de mañá. O período subvencionable abranguerá entre o 1 de novembro de 2012 (ano anterior ao da convocatoria) e o 31 de outubro de 2013.

Os beneficiarios percibirán unha axuda destinada a aboar o importe do convenio especial que deben subscribir coa Seguridade Social, sendo a contía da axuda igual ao importe do devandito convenio, cunha contía máxima de 350 euros mensuais durante o período ao que corresponda a convocatoria.

O orzamento previsto pola Consellería do Medio Rural e do Mar ascende a 330.000 euros, coa posibilidade de ampliar o devandito crédito en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s