Galería

Teatro Colón: programación de verano

CICLO DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO

TEATRO AFECCIONADO

PREZO.3 €

XÉNERO. Teatro

Este festival trata de render unha homenaxe ao Certame de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco coa programación das seguintes propostas / Este festival trata de rendir homenaje al Certamen de teatro aficionado Candilejas Don Bosco con la programación de las siguientes propuestas

O Gato con Botas – CEIP Tarrío (Culleredo) – Martes 1 ás 20.30 horas

Musical Annie – Centro Liceo (A Coruña) – Miércoles 2 ás 20.30 horas

Os Cavernícolas – Teatro Vagalume Animación (Carballo) – Martes 8 ás 20.30 horas

Noites de Amor e Troula – Grupo Arjé Teatro (Pontedeume) – Mércores 9 ás 20.30 horas

Los Caciques – Grupo de Teatro Artesán (Sada) – Martes 15 ás 20.30 horas.

DATA E HORA. Venres 4 de ás 20.30 horas

TANGO NUESTRO

Quinteto Nuestro Tiempo

PREZO.15 € / 10 €

XÉNERO. Música

DURACIÓN. 80 minutos

 

BANDONEÓN. MATÍAS GONZÁLEZ. PIANO. VERA PAVLOVA. VIOLÍN. MARCELO GONZÁLEZ. BAIXO ELÉCTRICO. ADALBERTO CEVASCO. GUITARRA ELÉCTRICA. GUILLERMO BAZZOLA. DANZA. LEONARDO MOSQUEDA E CARINA LUCCA.

Este festival trata de render unha homenaxe ao Certame de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco coa programación das seguintes propostas

Declarado patrimonio cultural da humanidade, o tango é un xénero musical que conquistou ao mundo coa súa música, o seu baile, as súas letras e a súa poesía. O Quinteto Nuestro Tiempo achéganos a súa esencia coas harmonías que abarcan non só a música, senón tamén o estilo, a testemuña documental e por suposto a danza.

DATA E HORA. Sábado 5 ás 18.00 horas

. LA KALABAZA DE PIPPA

Trompetto y las nieves del Bolshoi

PREZO.15 € / 10 €

XÉNERO. Infantil

DURACIÓN. 90 minutos

REPARTO. Sara Herranz Sanz, Rosana Vieira, Carlos Di Ros.

Pippa botaba tanto de menos aos amigos do Kalabazomundo que decidiu volver a visitalos. Á súa chegada, atopou aos habitantes tremendamente preocupados pola aparición dunha misteriosas pegadas que apuntando ao este, indicaban que alguén pasara con sixilo diante das súa narices. Utilizando a súa lóxica e dedución Pippa acabará dando coas claves do enigma.

DATA E HORA. Xoves 10 ás 20.30 horas

ENCALLADOS

Unha película de ZARAUZA.

PREZO. 5 €

XÉNERO. Cine

DURACIÓN. 90 minutos

DIRECCIÓN.Alfonso Zarauza.ACTORES.Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro, Farruco Castromán. CON LA COLABORACIÓN ESPECIAL DE Luís Tosar. PRODUCIÓN EXECUTIVA. Luís Tosar, Farruco Castromán.GUIÓN.Alfonso Zarauza, Xosé Castro ‘Pato’, Andy Mahía.

Un director de cinema chama a dous amigos guionistas para escribir un filme sobre a

catástrofe do Prestige con poucos medios e un prazo inminente. Os tres acaban, comoo propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a cabo a súa historia. Encallados é unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro en 16mm.   Unha mirada ao noso cine e ao contexto no que vivimos chea de honestidade, autocrítica,melancolía e humor.

DATA E HORA. Venres 11 ás 20.30 horas

CORO CANTABILE

Fauré nas Voces de Cantabile. Réquiem Op. 48.

PREZO.8 € / 5 €

XÉNERO. Música

DURACIÓN. 60 minutos

O Coro Cantabile presenta nas súas voces de nenos e mozos unha exquisita selección da obra relixiosa do compositor francés do século XIX Gabriel Fauré. A Misa de Requiem Op. 48, considerada obra mestra da música relixiosa francesa, a Cantique de Jean Racine Op. 11 e outros coñecidos títulos da obra coral deste autor farán as delicias dos amantes da boa música e achegaraos a unha época e un autor que rompeu con moitos estereotipos fixados no seu tempo.

DATA E HORA. Sábado 12 ás 21.00 horas

LA COMPARSITA

Boleros, cha-cha-cha, latin jazz

PREZO. 9 €

XÉNERO. Música

DURACIÓN. 90 minutos

FRAUTA E SAXOS. Eduardo Baamonde ‘Dubi’. BATERÍA. Bruno Couceiro. PIANO. Ismael Berdei. PERCUSIÓN. Carlos Barral. CONTRABAIXO. Ignacio Sardiña Agra. CANTANTE COLABORADORA. Aixa Romay.

La Comparsita’ nace como un novo proxecto musical para celebrar unha vella idea: A música para o baile e o baile para a música. Trátase de recuperar a calidade musical e a elegancia dos antigos salóns de baile e o sabor das míticas sesión vermú de outrora. ‘A nosa paixón é a música, a nosa motivación que te volvas namorar. Queremos verte bailar!’

DATA E HORA. Venres 18 ás 20.30 horas

LO QUE VIÓ EL MAYORDOMO

De Joe Orton

PREZO. 15 € / 18 € / 20 €

XÉNERO. Comedia

DURACIÓN. 90 minutos

AUTOR. JOE ORTON. VERSIÓN. JULIO ESCALADA, TOMÁS GAYO BAUTISTA. DIRECCIÓN. JOE O’CURNEEN. REPARTO. PEP MUNNÉ, LOLA MARCELI, PACO CHURRUCA, MUNDO PRIETO, CARMEN BARRANTES, RAÚL MÉRIDA.

[A partir de 16 anos]. Primeira hora da mañá, no seu despacho dunha clínica mental o doutor Prentice realiza unha entrevista de traballo a Geraldine, moza candidata a secretaria. De seguido vemos que o prestixioso psiquiatra se interesa por algo máis que polas capacidades laborais da encantadora moza, á que pretende someter a unhas extravagantes probas físicas. Sen dúbida a máis ortonesca de todas as comedias que escribiu o malogrado dramaturgo.

DATA E HORA. Domingo 20 ás 20.30 horas

FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE

PREZO. 12 € / 10 €

XÉNERO. Música

DURACIÓN. 120 minutos

COA PARTICIPACIÓN DE: GRUPO DE PROYECCIÓN FOLCLÓRICA KÄMUK (COSTA RICA), BALLET FOLCLÓRICO TUPA MARKA (CHILE), CONXUNTO FOLCLÓRICO ORGONINA (ESLOVAQUIA), BERANGOKO OTXANDATEGUI DANTZA TALDEA (BERANGO – EUSKADI), BANDA DE GAITAS E GRUPO TRADICIONAL ALXIBEIRA DO PADROADO DE CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN.

Dende hai 24 anos o Padroado da Cultura do Concello de Narón ven organizando, no mes de xullo, un Festival Internacional de Folclore co obxectivo de amosarlles ós nosos veciños distintas culturas e tradicións folclóricas, tanto do estado español como doutras partes do mundo.

DATA E HORA. Venres 8 ás 20.30, sábado 9 ás 21.30, domingo 10 ás 19.00 horas

RESOFOCOS

Continuación do éxito Sofocos.

PREZO. 24 € / 29 €

XÉNERO. Comedia

DURACIÓN. 90 minutos

ELENCO. CHARO REINA, SOLEDAD MALLOL, ELENA MARTÍN, FABIOLA TOLEDO. COA COLABORACIÓN ESPECIAL DE CARLOS SOBERA. AUTORES. JUAN LUIS IBORRA, SONIA GÓMEZ, ANTONIO ALBERT. DIRECTOR. JUAN LUIS IBORRA.

Charo Reina, Las Virtudes e Fabiola Toledo son as protagonistas desta nova comedia, outro xogo irónico sobre os cambios hormonais das femias ao chegar á tan temida menopausa. Novas historias cotiás: nunha perruquería, nun supermercado, nun ximnasio … Unha comedia que promete liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal unha vez acadado o medio século e que converterá aos homes nos seus cómplices.

DATA E HORA. Venres 15 e sábado 16 ás 18.00 e ás 20.30 e domingo 17 ás 18.00 horas

BERTÍN OSBORNE E PACO ARÉVALO

El renovado show de 2 caras duras en crisis

PREZO. 25 € / 28 €

XÉNERO. Humor

DURACIÓN. 110 minutos

Bertín Osborne e Paco Arévalo volven cunha nova aventura de Mellizos na que intentan explicar porque seguen xuntos: déronse conta do ben que o pasan todos, comezando polo púlbico, que é o máis importante. Haberá cancións e música en directo, divertidas historias, sorpresas e imprevistos. En definitiva: unha tarde inolvidable con e para toda a familia.

DATA E HORA. Venres 22 ás 20.30, sábado 23 ás 19.00 e ás 22.00. Do domingo 24 ao martes 26 ás 20.30 horas.

ENFRENTADOS

Con Arturo Fernández

PREZO. 21 € / 24 €

XÉNERO. Teatro

DURACIÓN. 100 minutos

Arturo Fernández interpreta nesta comedia ao sacerdote José María. A figura do actual Papa fai que o contido desta obra –chea de humor e ironía- cobra unha vixencia e interese renovado. Constitúe todo un duelo interpretativo e un espectáculo con maiúsculas pola calidade e profundidade do texto, así como polo humor e a ironía coa que se desenvolve, e pola coidada e ambiciosa posta en escena.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s