Galería

A Classical Concert Chamber Orchestra inicia a sua xira europea no Teatro Colón

PROFILE PICTURE ORCHESTRA I

A Classical Concert Chamber Orchestra inaugura mañá venres 13 ás 20:30 horas a súa xira europea cun programa que inclúe obras de Vivaldi, Mozart, Pablo de Sarasate e Manuel de Falla. A programación continúa o sábado 14 ás 20:30 horas coa comedia De Mutuo Desacuerdo cos actores Toni Acosta e Iñaki Miramón como protagonistas.

A Classical Concert Chamber Orchestra presenta o concerto ‘De Vivaldi y Mozart a Sarasate’, dentro do marco da súa cuarta xira por España que inclúe as cidades de Valencia, Zaragoza, Madrid, Barcelona,Valladolid, San Sebastián, Pamplona, Bilbao e A Coruña, despois continuarán o tour por diversas cidades europeas.

O concerto ‘De Vivaldi y Mozart a Sarasate’ inclúe unha finísima selección de obras para violín e orquestra dos compositores Antonio Vivaldi e Wolfgang A. Mozart, así como obras mestras de autores españois como Manuel de Falla e entre os Highlights a Fantasía sobre Carmen Op. 25 de Pablo Sarasate, obras interpretadas con virtuosismo polo mestre Ashot Tigranyan que actuará como solista principal. El é o fundador deste versátil conxunto de trinta e cinco músicos de primeira liña, que dá un novo xiro á experiencia orquestral de cámara. Violinista de traxectoria mundial graduado no Conservatorio de Moscú e discípulo de Leonid Kogan, Triganyan fundou a orquestra en California (EEUU) en 2006, esta é a segunda vez que actúan na cidade de A Coruña.

Unha parella en crise para celebrar o Día dos Namorados

O sábado 14 ás 20:30 horas os televisivos actores Toni Acosta e Iñaki Miramón protagonizan a comedia De Mutuo Desacuerdo, un texto de Fernando J. López baixo a dirección de Quino Falero.

Trátase dunha comedia áxil, irónica e acedamente cotiá protagonizada por unha parella de divorciados cun fillo en común. A estrutura dinámica e áxil amósanos os encontros dos dous, nos que discuten e defenden os seus puntos de vista arredor da educación do seu fillo. Abórdanse temas como a paternidade, a parella ou os novos modelos de familia evitando os discursos morais ou o ton simplificador e deixando que sexa o espectador o que se posicione.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s