Galería

Teatro Colón: ‘Eterno Camarón’ rende homenaxe ao mito do flamenco

O venres 20 de febreiro chega ao Teatro Colón o musical Eterno Camarón, a programación continúa o sábado 21 coa actuación do humorista Ernesto Sevilla e o seu monólogo ‘Sí a todo’ e odomingo 22 co musical para público familiar ‘Alicia en el País de las Maravillas’.

Vinte anos despois da morte de Camarón o musical ‘Eterno Camarón’ recorda a figura de José Monge cun espectáculo no que participa a actriz e filla do mito, Gema Monge. Cun guión respectuoso e rigoroso esta proposta, que conta co beneplácito da familia do artista, achega a vida persoal e profesional dunha das figuras máis representativas do flamenco. Sobre o escenario mestúranse as escenas teatrais, os contido audiovisuais e a interpretación en directo con nove músicos en escena e unha selección do inabarcable repertorio do xenio de San Fernando. Producido por Pandora Producciones e Montoya Flamenco Musical ‘Eterno Camarón’ quere redescubrir ao público a lenda e o xenio dunha figura universal.

Un musical para toda a familia

A programación semanal péchase o domingo 22 ás 18:00 horas co musical ‘Alicia en el País de las Maravillas’. O sábado 21 volve o humor ao Teatro Colón con Ernesto Sevilla e o seu espectáculo ‘Sí a todo’.

Alicia en el País de las Maravillas é un musical que narra a historia dun conto de ampla tradición literaria co formato escénico máis actual: audiovisuais, música en directo, humor e diversión para toda a familia. Esta versión conta coa particularidade de xuntar e mesturar elementos do conto clásico ‘Alicia no País das Marabillas’ e da súa segunda parte, ‘Alicia a través do espello’ nun brillante exercicio de síntese literaria e escénica. A versión inclúe a posta en escena e interpretación de seis cancións orixinais, e unha perfecta transposición do humor de Lewis Carroll ao século XXI.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s