Galería

A compañía de danza Entremáns estrea no Teatro Colón ‘Xoga’

Xoga1

A compañía Entremáns estrea este domingo 1 de marzo ás 19:00 horas ‘Xoga’, dentro doprograma de Residencias Técnicas do Teatro Colón que abriu ‘Balor na acción dunha cadeira’ de Artesa Cía. Trátase dun espectáculo didáctico enfocado ao público familiar, concretamente a nenos maiores de 3 anos.

Kirenia Martínez e Beatriz Pérez son as coreógrafas, creadoras e directoras de ‘Xoga’, un espectáculo que ofrece aos máis pequenos a posibilidade de coñecer o corpo a través dunha proposta divertida e onírica. A acción desenvólvese no mundo dos soños e a través dunha linguaxe poética e uns códigos surrealistas amósanos a función do noso corpo e recordarnos as pautas para ter un corpo saudable.

As dúas coreógrafas afirmaron que creando este espectáculo volveron á infancia. Sen dúbida o súa traxectoria como docentes, as dúas imparten clase de danza a nenos, foi clave na creación desta proposta ‘nos ha ayudado mucho ser madres y trabajar con niños. A nuestros hijos, que estudian danza y son grandes críticos, les ha encantado la propuesta, hemos conseguido sorprenderles’, afirma Kirenia Martínez consciente da dificultade de crear un espectáculo para nenos ‘los niños son muy sinceros, si no les gusta se nota. Además nunca van solos al teatro, hay que crear un contenido entretenido y sugerente también para los padres’.

O espectáculo divídese en tres bloques: o primeiro xira en torno aos sentidos, o segundo ás estruturas corporais e no terceiro faise un resumo dos contidos. A obra de cincuenta minutos de duración mestura distintos elementos e códigos como a danza ou a linguaxe audiovisual para achegar aos nenos a curiosidade pola anatomía.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez Varela

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s