Teatro Colón: o folclore lévanos a coñecer outras culturas e reivindicar a nosa propia

Esta semana a programación do Teatro Colón está protagonizada polo folclore coas actuacións daCompañía de Danza Estatal Cosacos de Rusia o venres 27 ás 20:30 horas e de Xacarandaina o sábado 28 ás 21:30 horas. O domingo 29 ás 19:00 horas volve o teatro afeccionado da man da compañía Noite Bohemia e a comedia de Plauto Miles Gloriosus ou O Soldado Fanfarrón.

Henrique Peón, director de Xacarandaina, explicou esta mañá en rolda de prensa que o obxectivo do espectáculo co que estarán no Teatro Colón o sábado 28 é ‘visibilizar a petición que se vai facer ao Ministerio de Cultura para que o Baile e música tradicionais de Galicia sexan declarados Ben de Interese Cultural, para despois presentar a candidatura perante a UNESCO para que sexa declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade’.

Xacarandaina creouse na cidade de A Coruña en 1978 co obxectivo de investigar e interpretar o folclore dun xeito fiel á orixe. Na busca desta pureza realizaron investigacións e un traballo de campo de incalculable valor para que todo ese coñecemento non se perdera. No espectáculo do sábado teñen un papel fundamental esas vellas xeracións tan importantes no coidado e preservación da nosa cultura, os membros de Xacarandaina estarán acompañados no escenario polo Grupo de Pandereteiras Arcos de Mazaricos e o gaiteiro Flor da Maquía de Ordes.

Medio centenar de artistas para achegar as danzas cosacas ao público

O venres 27 ás 20:30 horas a Compañía Estatal de Danza Cosacos de Rusia presenta ‘Leyendas Cosacas’, un espectáculo que reúne a máis de cincuenta artistas sobre o escenario entre músicos, bailaríns e cantantes.

‘Leyendas Cosacas’ é un percorrido pola historia dos pobos cosacos, as súas tradicións, as súas danzas e a súa música. Os bailaríns da compañía, de formación clásica, incorporan aos movementos propios do ballet, a rapidez e precisión que requiren as danzas tradicionais rusas dando como resultado unha depurada execución. Acompañan as danzas instrumentos como os acordeóns e as balalaicas.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede A Fundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s