Galería

A Deputación amplía o número de plazas do Centro de Día do Fogar Infantil Emilio Romay

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá o Centro de Día que funciona no Fogar Infantil Emilio Romay. Fíxoo acompañado polo concelleiro coruñés de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, e durante o percorrido anunciou que este ano se ampliaron as prazas fixadas nun principio. Así, o Concello da Coruña disporá de 15 prazas para rapaces de ata 12 anos, mentres que o de Culleredo pasará das dúas actuais a catro.

 

“É importante subliñar que ampliamos o número de prazas antes de que se cumpra un ano do funcionamento do centro de día, que arrancou na Semana Santa do 2014 como un servizo máis aos concellos”, apuntou Calvo, que lembrou que o seu horario é de 8 da maña a 10 da noite pero que “será flexible en todo momento para adaptarse ás necesidades dos usuarios”.

 

Pola súa banda, Miguel Lorenzo aproveito a ocasión para agradecer a “colaboración e sensibilidade que sempre ten a Deputación co Concello da Coruña en todos os temas sociais” e mencionou outros proxectos coma a casa de acollida ou o servizo de canguros municipais, cos que tamén se conta coa axuda da institución que preside Diego Calvo.

 

A iniciativa de poñer en marcha este Centro de Día partiu da institución provincial co obxectivo de axudar ás familias necesitadas de apoio que estean incluídas nos programas municipais de servizos sociais ou emprego tanto da Coruña como de Culleredo, con especial atención a aquelas unidades familiares que se atopen en situación de vulnerabilidade e nas que vivan menores de 0 a 12 anos en situación de risco de desatención ou de exclusión social.

 

Os Servizos Sociais municipais son os que realizan un primeiro contacto coas familias, para logo trasladar os casos ao persoal do Fogar Infantil e realizar un estudo conxunto de valoración previo á adxudicación da praza para o menor.

 

Ata o momento da firma dos acordos cos dous concellos, o centro traballaba unicamente en colaboración co departamento de Menores da Xunta para acoller, en réxime de aloxamento temporal, a nenos con graves problemas familiares en estancias máis ou menos prolongadas dependendo da súa situación. Para iso, cada ano se asina un convenio coa Consellería de Traballo e Benestar para o financiamento de 25 prazas no Fogar. Pola súa banda, a Deputación da Coruña destina no seu orzamento anual unha partida de 2,5 millóns de euros para o seu mantemento.

 

O traballo cos nenos e as súas familias

O traballo a realizar cos menores no Centro de Día céntrase en diferentes áreas, como son:

-Satisfacer as necesidades básicas de alimentación, hixiene e saúde dos nenos, asumindo que para levar a cabo esta tarefa a familia precisa o apoio doutras persoas e institucións

-Prestar apoio nas tarefas escolares

-Detectar necesidades específicas de apoio, valoración e mesmo diagnóstico dalgunha deficiencia na saúde física ou psíquica

-Realizar un seguimento continuado da situación dos nenos e as nenas mediante a supervisión dos coidados que reciben nas súas familias e o contacto periódico con pais e nais

-Promover a adquisición de hábitos e o desenrolo de habilidades que faciliten a integración dos menores e melloren a súa relación co entorno social e comunitario

-Impulsar o desenrolo físico, psíquico e social dos menores

-Reforzar as actitudes, aptitudes e capacidades dos nenos como medio de mellorar as súas relacións sociais e o rendemento académico.

 

En canto ao traballo coas familias, a función dos profesionais do Fogar Infantil Emilio Romay consiste en fomentar os programas de apoio e educación familiar dos concellos, traballar cos pais e nais habilidades que favorezan un desenrolo físico, psíquico e social adecuado aos fillos; e detectar posibles necesidades específicas de reforzo das figuras parentais.

 

O Fogar Infantil Emilio Romay

O centro dependente da Deputación funcionou ata o ano 2006 baixo a tutela das Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl. En canto as relixiosas deixaron o fogar, o servizo profesionalizouse e adaptouse a metodoloxía do traballo á normativa actual dos centros de acollida e tratamento dos rapaces en situación de risco persoal e social.

 

O centro atende, por tanto, a nenos de 0 a 6 anos procedentes de contornas familiares de risco e desenrola un amplo programa de contido psico-social tanto para os rapaces como para as súas familias.

 

Como centro de titularidade pública con financiamento propio é o único da provincia na área de protección á infancia. A súa maior singularidade é que pon a disposición da Xunta unha valoración dos nenos e da súa familia que permite que as equipas de menores poidan optar pola medida máis axustada ás necesidades particulares de cada usuario. A acollida residencial, segundo explican desde o centro, non é unha opción a contrapoñerse ante outras posibles coma a acollida familiar ou a adopción. Aínda así, o fin último do traballo do centro é conseguir que os rapaces regresen as súas casas coas súas familias.

 

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s