Galería

Teatro Colón: Comeza a segunda edición do Festival de Contacontos en Inglés

Do 2 ao 5 de abril celébrase no Teatro Colón a segunda edición do Festival de Contacontos en Inglés, no que se presentarán catro obras diferentes adaptadas a distintos niveis de coñecemento da lingua e a distintas idades, dende os 3 aos 12 anos. O festival pretende ser unha alternativa de ocio para o período non lectivo da Semana Santa e ofrecer aos nenos ferramentas divertidas e comprensibles para profundar na aprendizaxe do inglés.

Con esta segunda edición queremos continuar traballando na liña aberta o ano pasado e consolidar esta cita co idioma de Shakespeare, facéndoo atractivo e divertido a través da motivación e a curiosidade. Organizado en colaboración coa compañía You are the Story, esta iniciativa pretendevincular o estudio dunha lingua cun momento de ocio e entretemento, de xeito que os nenos non o perciban como unha obriga. Trátase de obras interactivas, adaptacións de grandes clásicos, nas que os nenos do público interpretan a distintos personaxes. A programación ábrese o xoves 2 ás 12:30 horas con The Three Little Pigs, o venres 3 ás 12:30 horas será a quenda de Pinocchio, estas dúas primeiras propostas están adaptadas a un nivel de educación infantil e primaria. O sábado 4 ás 18:00 horas poderá verse Oliver Twist, adaptada a un nivel de 4º a 6º de primaria e o domingo 5 de abril ás 12:30 horas Peter Pan, adaptada a un nivel de 2º e 4º de primaria, pechará esta segunda edición do Festival de Contacontos en Inglés.

Descontos en cascada

Na páxina web do teatro: www.teatrocolon.es hai material didáctico dispoñible para descargar e traballar con el antes ou despois da función. Existen ademais unha serie de descontos en cascada para premiar a asistencia e obter un prezo menor nas entradas cando se asiste a máis dunha función dentro do festival. Presentando a entrada dun espectáculo ao que se asistiu obteranse descontos acumulativos para as vindeiras funcións. Deste xeito, no primeiro día págase o 100 % da entrada e a partir de aí –presentando as entradas anteriores- obterase un 10 % de desconto para a segunda función, un 20 % para a terceira e un 40 % para a última. Estes descontos aplícanse de forma gradual, de xeito que se non ves o primeiro día podes obter un 10 % de desconto no terceiro día presentando a entrada do segundo.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s