Galería

Teatro Colón: as mulleres de cincuenta son as protagonistas

T de Teatre é unha das compañía de actrices de referencia no panorama teatral español contemporáneo. En Mujeres como Yo quixeron poñerse nas mans dun home de Teatro, Pau Miró. Xuntos retratan toda unha xeración de mulleres que, cerca da cincuentena e neste mundo no que se desvanecen todas as certezas, néganse a caer no abismo. As funcións serán o venres 10 e o sábado 11 ás 20:30 horas.

Pau Miró ofrece un retrato da muller contemporánea pero cun xiro cara o descoñecido, a comedia negra a baixo a disparatada marca do seu persoal estilo. O humor único e aditivo das T de Teatre salpicado polas inesperadas chispas de intriga dun dos nosos dramaturgos máis sólidos dá como resultado esta disparatada comedia na que catro mulleres que se achegan aos cincuenta se rebelan contra as súas anódinas vidas chegas de obrigas.

T de Teatre é unha das compañías de teatro máis importantes da actualidade e un referente do teatro catalán, as cifras nas que se move a compañía falan por si solas: nove espectáculos, máis de 2.500 funcións e 900.000 espectadores. T de Teatre leva en activo dende 1991 cando un grupo de cinco actrices recén graduadas no Institut del Teatre de Barcelona se xuntan para formar unha compañía que lles permita escoller as propostas nas que traballar. Desenvolveron a súa actividade tamén no medio televisivo con Jet Lag, unha comedia de situación que se emitiu en TV3 e que ideou a propia compañía xunto ao director de cine Cesc Gay (En la ciudad, Krámpack, …)

Maxia para toda a familia da man de Pedro Volta

O ilusionista Pedro Volta, coñecido polas súas intervencións en programas da TVG, presenta odomingo 12 ás 18:00 horas o espectáculo de maxia llusionante. Nel os espectadores convértense nos protagonistas dalgunha das ilusións e viaxan ao mundo da fantasía e dos soños máxicos da infancia.

Cun estilo elegante, poético e emotivo Pedro Volta ofrece emoción e diversión para toda a familia incorporando números de maxia inéditos e espectaculares e sorprendente números de fuxida. Unha posta en escena chea de rodas de engrenaxe, caixas e farois e unha fantástica e misteriosa atmosfera.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s