Galería

Chega ao Teatro Colón El Nombre adaptada por Jordi Galcerán

Este venres 17 ás 20:30 horas chega ao Teatro Colón ‘El Nombre’ de Matthieu Delaporte e Alexandre De La Patellière adaptada por Jordi Galcerán –recoñecido dramaturgo e autor de obras como ‘El Método Gronholm’ ou ‘El Crédito’. E o sábado 18 ás 20:30 horas os cómicos Julián López e Raúl Cimas presentan o espectáculo ‘Toda la verdad sobre el oso hormiguero’.

El Nombre (Le Prénom) é un texto francés que se estreou no Teatro Edouard VII de París en setembro de 2010, converténdose nun dos maiores éxitos da tempada parisina. En 2012 estreouse a película – moi fiel ao texto teatral orixinal- que estivo nomeada a cinco Premios César, obtendo dous deles.

A acción céntrase nunha cea entre amigos, unha das parellas espera o seu primeiro fillo, o nome que lle van a poñer ao neno deixa a todos coa boca aberta e abre un debate que saca a relucir os conflitos e as contas pendentes que hai entre os personaxes. Os actores Amparo Larrañaga, Jorge Bosch, Antonio Molero, César Camino e Kira Miró son os protagonistas desta divertida comedia de ritmo áxil e brillantes diálogos.

O humor de Julián López e Raúl Cimas

O sábado 18 ás 20:30 horas os humoristas Julián López e Raúl Cimas presentan o espectáculo ‘Toda la verdad sobre el oso hormiguero’. Unha ocasión para gozar do humor e do estilo dos que fixeron gala durante toda a súa carreira.

Julián López e Raúl Cimas fan gala dun humor absurdo e son coñecidos polos seus traballos en programas de televisión como La Hora Chanante, Buenafuente, Noche sin Tregua ou Muchachada Nui, etc. Ademais de na interpretación desenvolveron tamén a sua actividade como guionistas en diversos espazos de humor.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s