Galería

Teatro Colón: Ángel Martín e Ricardo Castella levan o cine ao teatro en Love Pain Love

Os actores Ricardo Castella e Ángel Martín –coñecido polas súas intervencións en programas televisivos como Sé lo que hicisteis ou o actual Órbita Laika– presentan este sábado 2 ás 21:30 horas Love Pain Love, unha película romántica adaptada a teatro. O venres 1 será a quenda deCafé Quijano co seu traballo Orígenes: El Bolero, volumen 3 e o domingo 3 ás 18:00 horas o grupo Pica-Pica presenta o espectáculo familiar ‘Bailando con los Pica-Pica’.

Love Pain Love é a segunda incursión de Ángel Martín e Ricardo Castella no teatro tras o éxito do seu primeiro espectáculo ‘Nunca es Tarde’, unha serie de televisión para teatro que viron 150.000 espectadores en tres anos. Nesta segunda proposta os dous actores e humoristas teñen o reto de facer que o espectador imaxine unha película musical con cambios de localización e escena incluídos. Os dous interpretan a quince personaxes e tocan e cantan a banda sonora con cancións orixinais e livelooping, gravando en directo bucles e tocando en vivo sobre eles, sen ningunha música pregravada.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s