Galería

Teatro Colón: O actor Chete Lera é o protagonista dun premiado texto de Joe Penhall

Tres grandes propostas chegan ao Teatro Colón esta fin de semana: teatro, música e cine son os xéneros protagonistas. Ovenres 29 ás 20:30 horas poderemos ver en escena a Chete Lera, Bruno Lastra e Janer Mena como protagonistas de ‘Naranja Azul’, un premiadísimo texto de Joe Penhall.

A acción da obra transcorre nun hospital psiquiátrico londiniense na que un enigmático paciente di ser o fillo dun sanguinario ditador africano, a historia vólvese tremendamente desconcertante a medida que avanza a trama, mesturando racismo e loucura nunha loita de poder desapiadada dentro dunha seguridade social agonizante.

Este texto fascinante e brillantemente construído é obra do dramaturgo e guionista británico Joe Penhall, foi galardoado co Olivier Award de Nova York á mellor obra novel en 2001, o Evening Standard á mellor obra 2000 e o Critic’s Circle Award de Nova York á mellor obra novel 2001. ‘Naranja Azul’ remítenos a unha sociedade que se rexe pola lei do máis forte, unha época turbulenta e escura que pon a proba non só a paciencia e capacidade de aguante dos cidadáns, senón tamén os principios de convivencia máis elementais.

Ivo Pogorelich ofrece este sábado 30 o seu primeiro recital en Galicia

O sábado 30 ás 20:30 horas, e dentro de Ciclo de Grandes Intérpretes, Ivo Pogorelich ofrece o seu primeiro recital en Galicia, a última vez que puidemos gozar del foi no 2008 acompañando á Orquestra Sinfónica. O concerto do sábado supón, non só a súa volta as escenarios galegos, senón o primeiro recital na nosa comunidade. O domingo 31 terá lugar aGala de Inauguración do Festival S(8) coa proxección de ‘El Gabinete del Doctor Caligari’ na súa versión restaurada e sonorizada en directo pola pianista Eunice Martins.

Ivo Pogorelich naceu en Belgrado. Trasládase a Moscova para estudar piano no Conservatorio Tchaikovsky. En 1980 presentouse ao Concurso Internacional Chopin de Varsovia e a súa eliminación desatou unha gran controversia. Dende o seu recital de debut no Carnegei Hall de Nova York, as actuacións de Ivo Pogorelich causaron sensación en todo o mundo. Foi convidado a tocar con grandes orquestras como Filharmónica de Berlín e Filharmónica de Viena, Sinfónica e Londres, Sinfónica de Chicago, Filharmónica e Nova York e a Orquestra de París. As súas soberbias interpretacións da música confirman a orixinalidade do seu talento e intelecto. En 1982 asina un contrato en exclusiva para Deutsche Grammophon para quen realiza ata quince rexistros.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s