Galería

Teatro Colón: Moncho Borrajo estrea en Coruña o seu último espectáculo

Moncho Borrajo estrea este xoves 4 ás 20:30 horas o seu último espectáculo ‘Moncho Panza’ que permanecerá en cartel ata o domingo 7. As funcións do xoves 4, venres 5 e sábado 6 son ás 20:30 horas e a do domingo 7 ás 19:00 horas.

Moncho Borrajo pecha con este último espectáculo a triloxía que comezou hai catro anos con Golfus Hispánicus e continuou con Yo, Quevedo. Co humor, a ironía e o sarcasmo que o caracteriza Borrajo sumérxese en El Quijote para acabar descubrindo que Cervantes non era quen dixo ser. Un espectáculo cargado de improvisación no que recuperará tamén números do pasado, unha ocasión para deixarse sorprender

A Orquesta Gaos dará un concerto na compañía de David Grimal

O martes 9 ás 20:30 horas a Orquesta Gaos dará un concerto co violinista francés David Grimal. A orquesta volverá ao escenario do Teatro Colón a finais de mes, o luns 29 de xuño, acompañada da galega María José Rielo ao fagot.

O violinista francés David Grimal, que toca o Ex Roederer, Stradivarius (1910) prestado por Fazenda Ipiranga, comezou a tocar o violín con tan só cinco anos. Gañou o Primeiro Premio en violín e música de cámara no Conservatorio de París en 1993. Posteriormente realizou estudos de postgrado con Regis Pasquier e enriqueceu a súa musicalidade estudando con personalidades com oPhilipp Hirschhorn, Shlomo Mintz ou Isaac Stern. Como solista tocou coas orquestras máis importantes do panorama musical actual. O seu traballo viuse recompensado co European Community Prize, o European Radio Union Prize ou o Premio de Cultura Europeo do Weiner Musikverein, entre outros.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s