Galería

O Concello pon en marcha un vale de comidas e un servizo de recollida de comida a domicilio para familias en situación de emerxencia social

_MG_2475

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, anunciou esta mañá, coincidindo co último día do curso escolar, dúas medidas de actuación para asegurar unha dieta equilibrada entre 60 menores de 28 familias coruñesas para este verán. Estas axudas de emerxencia social consisten un vale de comidas, cun valor máximo de 530€, e un novo servizo de recollida de comidas para levar aos domicilios, que se dispensará nos Centro Cívico Municipal de Novoboandanza e o Centro Sociocomunitario Benestar (o antigo Fogar do Pensionista). As medidas, que contan cun investimento de 31.572,80 euros, comezarán a tramitarse a partir da vindeira semana, estarán activas até o 9 de setembro, o día anterior ao comezo do novo curso escolar.

Tal e como informou a responsable municipal, as dúas medidas “normalizadoras” adóptanse para facer fronte “á precariedade económica de moitas familias que, coa chegada do verán, se ve incrementada polo peche dos comedores escolares”. A súa aplicación variará, sinalou, “en función das necesidades”, dos
informes das educadoras do Programa de Traballo coas Familias. En total, 106 persoas se beneficiarán dunha axuda para ter “unha alimentación básica e digna”, segundo declarou a concelleira.

A concelleira tamén anunciou que estes recursos acompañarán ao servizo de comedor dos campamentos de verán, onde tamén haberá comidas para os e as menores. A Concellería de Xustiza Social e Coidados ofertará un total de 2.921 prazas, entre as tres modalidades de campamentos (urbano, de día e tradicional), nas que se inclúen prazas para persoas con necesidades especiais e bolsas para que aquelas con máis dificultades económicas poidan acceder de xeito gratuíto aos campamentos.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s