Galería

Xulio Ferreiro aposta por protexer e potenciar o Parque de Bens e descarta construír alí o Museo da Automoción

20150622 ALCALDE- PLATAFORMA SALVEMOS EL PARQUE DE  BENS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste luns con representantes da plataforma ‘Salvemos el Parque de Bens’, e confirmou a aposta do consistorio de poñer en valor este amplo espazo verde e público. Neste sentido, o goberno local pensa modificar o planeamento xeral aos efectos de impedir a execución do proxecto do denominado Museo da Automoción, anunciado polo Executivo anterior. “O parque debe adicarse ao lecer e debe servir para que todos os veciños e veciñas gocen da natureza, xa que nesta cidade non imos sobrados de zonas verdes”, declarou o alcalde ao remate da xuntanza.

Ferreiro explicou que o proxecto do museo, tal e como está deseñado, non se pode levar a cabo. “O Museo non se pode construír na localización proxectada. É un terreo rústico protexido e non é posible levantar ese edificio tal e como está presentado nas maquetas”, indicou. Desde o goberno local lémbrase que si podería modificarse o Plan Xeral para convertir o Parque de Bens en Zona Verde.

Na idea de potenciar o Parque de Bens como pulmón verde da cidade, o alcalde explicou que, en breve, acometeránse diversas iniciativas. “A xente ten que decatarse de que existe un gran valor que non estaba o suficientemente promocionado. Temos que levar a cabo diversas actuacións como poñer un bus que chegue directamente ao parque, algo que se fará cando se acometa a modificación das liñas de transporte. Tamén temos que comezar a facer actividades, aproveitando o verán”, indicou Ferreiro. “Hai que darlle pulo a este espazo para que a xente o coñeza e o visite”,
engadiu.

Xulio Ferreiro descartou, ademáis, que a non execución do Convenio urbanístico do 2009 poida traer aparellada penalización económica para o Concello, dado que non levou aparellada actuación de desenvolvemento por parte da Fundación, mais aló da presentación dun proxecto que incumpre o propio Convenio.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s