Galería

Xulio Ferreiro: “O Concello paraliza calquera desaloxo da súa competencia en San Vicente de Elviña”

20150623 ALCALDE- PLATAFORMA ELVIÑA NON SE VENDE 1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou este martes o compromiso do Goberno local coa pervivencia do núcleo de San Vicente de Elviña na reunión que mantivo esta mañá coa plataforma Elviña Non Se Vende para analizar a situación na contorna do
Ofimático e das familias que alí residen. “Non imos desaloxar a ninguén en San Vicente de Elviña, calquera iniciativa neste sentido, e as que hai son municipais, quedan paralizadas”, declarou Ferreiro, quen salientou a apertura de novas vías de diálogo coas afectadas e os afectados desde o Concello.

Como afirmou o alcalde, o Goberno local traballará agora para levar ese compromiso político ao plano técnico, no que xa traballa o persoal municipal. “Estamos vendo a situación dos diversos afectados, porque non é igual a xente da marxe dereita que a do outro lado. Imos buscar unha solución ás diferentes casuísticas”, adiantou, antes de facer alusión á problemática dalgunhas das persoas residentes. “Son situacións duras e o goberno municipal vai saber estar a altura da situación”, indicou, lembrando que os desaloxos que se produciron en Elviña son de responsabilidade municipal, o que os diferencia doutros moitos, como o que tivo lugar onte en Cádiz. Ferreiro desbotou o proxecto do viaducto sobre Alfonso Molina: “Hai outras solucións, como as
que rexistrou neste Concello a Marea Atlántica, así que estudaremos outras alternativas de mobilidade para o Ofimático, mantendo a nosa idea, que é manter a integridade do núcleo”.

O alcalde da Coruña reuniuse tamén esta mesma mañá co delegado de Defensa, José Abad Vilas, nunha xuntanza na que se trataron temas referentes ás relacións do Concello co Ministerio de Defensa.

Noutro ámbito, Ferreiro fixo referencia ao encontro que tivo un día antes cos membros da plataforma Salvemos el Parque de Bens. O alcalde reiterou hoxe que a posición do Goberno municipal en favor desta zona verde é unha “decisión política, que se toma en compromiso do programa electoral e cun consenso bastante elevado dentro da cidade” en función dos resultados electorais. “Agora temos que buscarlle forma a esa iniciativa política”, sinalou Ferreiro, que avanzou que o Goberno local dialogará tamén coa Fundación Jove, “parte importante” nesta decisión.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s