Galería

O Concello implicará á cidadanía no cumprimento da Lei de Memoria Histórica

ALCALDE-REUNIÓN CRMH

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, reuníronse este xoves con representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH). Na cita, no Concello de María Pita, estableceuse a folla de ruta a seguir para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica, que pasa pola retirada da simboloxía franquista e as imaxes que están vinculadas a ela nas rúas da cidade.

Unha normativa que, até o de agora, “foi aplicada a medias por parte do Concello da Coruña”. Ferreiro explicou que a intención do Concello é que toda a cidadanía participe dos procesos de cumprimento da Lei de Memoria Histórica. “Nestes primeiros cen días de Goberno estableceremos unha folla de ruta a seguir e buscaremos o apoio dos grupos naqueles asuntos relacionados que levemos ao Pleno. Entendemos que non é só cousa da Marea, senón que no seu momento, o PSdeG tamén rubricou o compromiso coa CRMH. Cremos que podemos artellar un consenso amplo, co Bloque, e agardo que co PP, xa que entendemos que quererá cumprir con todas as leis en vigor”,
indicou o rexedor coruñés.

A intención do Goberno local é a que o conxunto da cidadanía participe no proceso de
denominación das rúas. Ademais, dende o Concello intentarán que os posibles cambios de nome “provoquen as menores incomodidades posibles”.

“Buscamos un camiño que implique non só o cambio sen máis dos nomes das rúas. Queremos aproveitar para homenaxear as vítimas, que a cidade participe na divulgación da memoria histórica, que sexa unha festa”, dixo o alcalde.
Pola súa parte, o presidente da CRMH, Fernando Souto Suárez, amosouse “moi satisfeito” da reunión co alcalde. “A Coruña converterase nun referente de liberdade, e deixará de ser a capital da simboloxía franquista”, dixo.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s