Galería

Xulio Ferreiro: “Presentámoslle á oposición unha proposta xenerosa para a organización municipal”

O Goberno local conversa nestes días cos grupos municipais co obxectivo de alcanzar un acordo para o Pleno de Organización, un diálogo que se mantén coa oposición desde hai varias semanas e que, segundo salientou este martes o alcalde da Coruña, Xulio
Ferreiro, parte dunha visión “moi conciliadora” do equipo de goberno.

“Propoñémoslles aos grupos municipais cousas que nunca sucederan neste Concello”, afirmou Ferreiro. “Agardo que con esta oferta xenerosa que temos enriba da mesa os demais tamén teñan unha postura responsable e non fagan peticións inasumibles”, afirmou o alcalde, que se mostrou confiado en poder convocar “axiña” o Pleno de Organización.

Por outra banda, Ferreiro incidiu esta mañá no apoio do Concello á Universidade da Coruña. “Que a Universidade cumpra co papel que ten que cumprir na cidade entra dentro das miñas competencias, e iso pasa por asegurar que teña os seus gastos estruturais garantidos”, manifestou o alcalde, que tamén defendeu a institución como servizo público, fonte de investigación e educación e “polo de atracción e difusión de coñecemento”, ademáis do seu papel “tan importante para a vida económica da cidade”. “Isto é o que ten que solucionar a Xunta e tamén a Universidade, que está intentando poñer da súa parte. As apreturas económicas non deberían pasar por que a Universidade siga recortando internamente, senón por garantir o financiamento”, valorou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s