Galería

O Concello aposta por “criterios transparentes” no tratamento da publicidade institucional en prensa

20150701 ALCALDE- REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES (1)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse a tarde deste mércores co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, e membros da súa directiva. No encontro, o rexedor explicou as medidas en materia de

transparencia contidas no programa electoral da Marea Atlántica e que son susceptibles de especial interese para os medios de comunicación. Así, abordáronse temas coma os da publicación de todos os contratos públicos, por menores que sexan, das axendas dos altos cargos e, especialmente, a necesidade de aplicar criterios de transparencia á publicidade institucional.

O goberno local aposta por regular este tipo de publicidade e fuxir de repartos que non estean apoiados nunhas bases racionais. Por iso, Ferreiro anunciou a apertura, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, “dun proceso de traballo para poder definir un código de boas prácticas, co maior rango normativo que podamos acadar no Concello da Coruña, para erradicar calquera tipo de adxudicación discrecional e opaca de fondos públicos en materia de publicidade
institucional”.

“Hai que distinguir entre publicidade institucional e propaganda electoral, garantir a pluralidade á hora de contratar espazos publicitarios e, sobre todo, limitar o uso da mesma con fins partidistas”, indicou Ferreiro. Nesa liña, o Concello coruñés aposta pola creación dunha Comisión de Seguemento de publicidade de tipo institucional onde estean presentes os distintos actores sociais implicados na comunicación.

Pola súa parte, o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, amosouse “satisfeito, porque nun día negro como o de hoxe na que entra en vigor a chamada Lei Mordaza, puidemos debatir co alcalde sobre un plan de traballo para facer máis aberta a información municipal, así como establecer criterios máis transparentes para a publicidade institucional”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s