Galería

Unha espléndida Kiti Mánver protagoniza ‘Las Heridas del Viento’

Este sábado 4 chega ao Teatro Colón un dos grandes éxitos da pasada tempada teatral, ‘Las Heridas del Viento’, un fantástico texto de Juan Carlos Rubio con Kiti Mánver e Dani Muriel como protagonistas que obtivo o selo de espectáculo recomendado, unha mención que outorga La Red de Teatros de España a aquelas propostas escénicas que destacan pola súa excelencia e calidade.

‘Las Heridas del Viento’ é unha obra imprescindible que fala das débedas pendentes e das profundas feridas que o amor mal entendido e a incomunicación deixan nas nosas vidas. Con guión e dirección de Juan Carlos Rubio a montaxe confronta a dous personaxes que buscan a verdade. Dani Muriel é un mozo ao que lle acaba de morrer o pai, ordenando as pertenzas do finado atopa cartas de amor dun home (Kiti Mánver) dirixidas ao seu pai, e decide ir a coñecer a este home para tratar de obter respostas a todas as dúbidas que lle xorden ante a figura do pai.

O seu papel nesta obra valeulle á actriz Kiti Mánver un Premio Ceres, un Premio da Unión de Actores e unha nominación aos Premios MAX como mellor actriz, a crítica definiu o seu traballo como ‘descomunal, una de las transformaciones más emocionantes de su carrera’, ‘auténtica joya’, ‘extraordinario ejercicio interpretativo’. Recentemente chegada de Londres  ‘Las Heridas del Viento’ recala no Teatro Colón antes de continuar a súa xira pola xeografía española.

Néstor Pardo presenta o seu novo disco

O venres 3 ás 21:00 horas o músico  coruñés Néstor Pardo presenta o seu novo disco acompañado de Luis Naya como artista convidado. Un adianto en exclusiva deste novo traballo antes de pecharse no estudo de gravación.

O novo traballo de Pardo caracterízase por estar composto totalmente en castelán e nel poderemos apreciar as influencias que o fixeron converterse no músico que é. Unha ocasión para gozar cun artista que se crece co directo, inundando o escenario coa súa forza e coa súa máxica voz.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s