Galería

Xulio Ferreiro defende que a proposta feita polo seu grupo municipal é máis xenerosa que as de calquera Goberno anterior

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, respondeu ás preguntas dos xornalistas este xoves referidas as reunións entre os distintos grupos da Corporación municipal de
cara a celebración do próximo Pleno de Organización. O rexedor explicou que na cita mantida onte, remitiu unha proposta que entende como “xenerosa” ao resto de formacións. “É xenerosa porque vai moito máis alá do que estamos obrigados a facer como Goberno, pero queremos chegar a un acordo co resto de grupos”, dixo. “Criamos que o entendemento coas forzas que nos apoiaron na investidura sería máis doado, pero vemos que hai un entendemento entre o PP e o PSOE, de forma que presentan case o mesmo documento”, explicou o rexedor.

“Non acabo de ver a crítica que fan a nosa proposta, un plan que pasa por compartir espazos de diálogo, e incluso de Goberno, e que vai moito máis alá do que serían as necesidades do Executivo actual e que nin sequera terían a necesidade de ir a Pleno”, afirmou Ferreiro.

 

Vontade de chegar a acordos
“Hai cousas que poderían estar aprobadas xa, pero non o están porque a nosa vontade é a de chegar a acordos, algo que nunca pasou en ningún Goberno en María Pita, nin con maioría absoluta, nin en minoría”, recordou Ferreiro. “É una proposta xenerosa e gratuíta, sen contrapartidas, porque cremos que esa é a forma de gobernar e de facer as cousas”, engadiu. “Non encontramos nestas conversas nada que teña que ver coa cidade ou co benestar da xente. Son xuntanzas nas que só se di: ‘Queremos isto ou non queremos o outro’ cando este Goberno quere negociar os temas que lle interesan á cidadanía”, explicou o alcalde.

Ferreiro dixo que, se ben o pasado mércores rexistráronse avances nas negociacións, o “bloqueo” que se está a producir impide, entre outras cousas, entrar a coñecer as contas das empresas públicas dependentes do Concello. A pesar de todo, a vontade do alcalde pasa por chegar a un entendemento cos grupos na próxima reunión para poder convocar o antes posible o pleno municipal.

 

Servizo da grúa
Por outro lado, o alcalde coruñés tamén comentou, a preguntas dos medios, que o servizo da grúa foi xa adxudicado. De feito, o anterior Executivo do PP foi quen publicou a orde de adxudicación o pasado día 25 de maio, cando xa se encontraba en funcións, tras a celebración das eleccións municipais.

O Goberno municipal solicitou aos servizos xurídicos informes sobre esta concesión e a da ORA. Á espera do que se ditamine con respecto a esta última, con respecto a grúa non é posible plantexarse neste momento a municipalización da concesión. “Aquí falamos dunha adxucación xa firmada coa que nos atopamos enriba da mesa”, comentou o rexedor coruñés.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s