Galería

Xulio Ferreiro define ao Deportivo como “unha das grandes institucións da cidade”

ALCALDE- DIRECTIVA RCD DEPORTIVO 1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, reuníronse este xoves co presidente do R.C. Deportivo, Constantino Fernández, e con varios membros do consello de administración do club.

No encontro, o rexedor louvou a figura da entidade: “É unha das grandes institucións da cidade, que levou o nome da mesma por todo Estado e moito máis alá”. Así, asegurou que a colaboración entre ambos os dous organismos “seguirá como até agora, ou incluso mellor, nos próximos anos”.

Ferreiro explicou ante os medios, unha vez rematada a reunión, que a grandeza do Deportivo, máis alá de ser consciente dos déficits estruturais que poida aínda presentar o estadio de Riazor, “non está no cemento, senón na xente que hai dentro”. O alcalde coruñés indicou que “todos temos que botar unha man”, polo que María Pita fica “a disposición do club para que, se aínda quedan asperezas sociais que limar, o concello medie para tratar de solventalas”. “A afección do Deportivo ten que ser a de sempre, unha das mellores de España que sempre estivo xunta, e que sempre
animou ao equipo sen reservas”, engadiu.

Pola súa banda, Fernández cualificou a reunión de “cordial”. “Falamos dos temas en común que compartimos, tanto club como concello e os plans que se poden plantexar para os próximos anos”, dixo o presidente do Deportivo. “Estamos moi orgullosos da nosa galeguidade e de ser unha icona
da cidade”, aseverou.

Fernández indicou que entre as necesidades máis inmediatas do Deportivo atópase a da reforma da cuberta de Riazor, cuxas obras se espera que comecen en breve, e que contan co apoio do Concello. “Creo que existe unha boa sintonía entre ambas partes e somos conscientes do esforzo que se fai neste tempo de dificultades orzamentarias, que non é para nada menor”, dixo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s