Galería

O alcalde chama a facer do aeroporto de Alvedro “un lugar de benvida, non de fuxida”

20150703 ALCALDE- AMPLIACIÓN PISTA AEROPORTO DA CORUÑA  1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, chamou este venres, durante a inauguración da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro, a traballar para facer desta infraestrutura “un lugar de benvida, non de fuxida”, en alusión “ao éxodo de mozos e mozas moi ben preparados obrigados a buscarse o pan noutras latitudes”.

Na súa intervención, Ferreiro salientou tamén que o aeroporto coruñés, situado no termo municipal de Culleredo, “representa á perfección esa idea da Coruña como espazo aberto, que vai máis alá da Ponte da Pasaxe ou do Monte da Zapateira para constituírse como comarca, como actor central metropolitano e, por suposto, galego”. Nesa liña, avogou pola cooperación dos aeródromos, na vez de facer destas infraestruturas “mercancía partidista e munición localista”. “Seremos máis fortes
colaborando; os nosos aeroportos ofrecerán un rendemento maior á nosa economía social se apostan pola axuda mutua, lonxe da competitividade mal entendida”, considerou o alcalde, quen valorou os avances, presentes e futuros, nas instalacións aeroportuarias de Alvedro, “sempre que estes repercutan no ben común e non obriguen a deixar de lado as prioridades sociais que estes tempos marcan”.

Durante a inauguración, na que estiveron presentes, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o alcalde Culleredo, Julio Sacristán, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, Ferreiro tamén fixo referencia ao propio acto institucional, do que sinalou que é “unha posta en escena, un concepto e unha tradición que, como tantos outros, tal vez esixa ser revisado por parte de todas e de todos”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s