Galería

Xulio Ferreiro: “Respecto ao Caso Someso actuaremos con transparencia e claridade”

20150703 ALCALDE- DECLARACIÓNS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, dou conta este venres ante a prensa dos acordos adoptados na Xunta de Goberno local. Así, entre outras cuestión, referiuse á decisión de desistir do procedemento contable ante o Tribunal de Cuentas no coñecido como Caso Someso, ao considerar que esta vía estaba condenada ao fracaso e suporía, previsiblemente, unha grave repercusión económica para o Concello. Non obstante, si se dará pulo, como considera procedente o propio ente fiscalizador á revisión de oficio do acordo do 30 de setembro de 2005 que dou pé ao escándalo.

“O que fixemos foi darlle trámite a unha petición xa existente, xa que a asesoría xurídica entende que pode haber unha causa de nulidade neses acordos”, explicou o rexedor. O alcalde da Coruña aclarou que a retirada do procedemento contable aberto no Tribunal de Cuentas sobre Someso non significa que o Concello non vaia a reclamar responsabilidades en caso de que sexa necesario. “Entendemos que a vía de Cuentas non era a xurídicamente correcta, e así o ditaminou tamén a nosa asesoría xurídica”, dixo Ferreiro. “Eses son os termos nos que nos baseamos para retirar a demanda”, engadiu.

Non obstante, o alcalde apuntou: “Unha vez que se remita o expediente de nulidade veremos se se desprenden responsabilidades e se estamos en prazo de pedilas”. “O que queremos é facer as cousas como se deben facer, con transparencia e claridade. Non quere dicir que non esteamos dispostos a reclamar o que faga falla, senón que entendemos que o camiño xurídico correcto é este que decidimos tomar”, aclarou o alcalde.

 

Alvedro
En canto a inauguración da ampliación da pista de Alvedro que terá lugar esta tarde e a que acudirá o alcalde Ferreiro, o rexedor explicou que, na súa opinión, o camiño para que a terminal mellore é “deixar de empregar discursos localistas e artellar unha rede galega aeroportuaria que realmente funcione con criterios de complementariedade”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s