Galería

Aberto o terceiro prazo de inscrición da III Carreira Popular Ventorrillo

O Concello da Coruña, que patrocina a III Carreira Popular Ventorrillo, abre o período para que os interesados se inscriban nesta proba. A data limite será o mércores 8 de xullo, até as 23.30 horas. As inscricións faranse a través das direccións electrónicas
http://www.coruna.es/carreraspopulares ou en http://www.championchipnorte.com.

A carreira popular terá lugar o próximo domingo 12 de xullo. O lugar tanto de saída como de chegada a meta da carreira será a rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruce con Alcalde Salorio Suárez. Os dorsais poderán recollerse o sábado 11 de xullo na Asociación de Veciños do Ventorillo (de11.00 horas a 13.30 horas, e de 17.00 horas a 20.30 horas), e o domingo 12, no mesmo lugar, de 09.00 horas da mañá e até unha hora antes de comezar a carreira.

A hora de saída da carreira absoluta será ás 10.30 horas da mañá e os seus participantes percorrerán unha distancia aproximada de 5 quilómetros.
A Carreira Popular Ventorillo é a quinta proba do Circuíto Municipal Coruña Corre, tras a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma. A última e sexta proba será a da Volta de Oza, que se celebrará en agosto.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s