Galería

O Concello congratúlase co recoñecemento a Manuel María, coruñés de adopción, co Día das Letras Galegas de 2016

O Concello da Coruña quere amosar a súa satisfacción polo anuncio feito hoxe pola Real Academia Galega (RAG) de homenaxear na edición de 2016 do Día das Letras Galegas
ao poeta, narrador e dramaturgo Manuel María, figura destacada da nosa literatura e coruñés de adopción.

Desde o consistorio da Coruña lémbrase a íntima relación que mantivo o poeta lugués coa cidade na que pasou os últimos anos da súa vida; na que organizou célebres tertulias na Rúa Real; na que foi homenaxeado por toda Galicia cun acto no Teatro Rosalía de Castro; na que chegou a prestar a súa voz a unha banda de rock local e na que faleceu en 2004.

O Concello da Coruña considera que a mestura da homenaxe a Manuel María o 17 de maio e do Centenario da fundación na cidade das Irmandades da Fala converterán A Coruña no epicentro da cultura galega en 2016; tarefa que debe asumir desde a cooperación, a participación, o respecto á memoria e tamén o impulso
modernizador que sempre foi sinal de identidade coruñesa.

Por último, o Concello da Coruña quere destacar o compromiso que Manuel María amosou na súa vida e obra coas xentes do común e as e os de abaixo e tamén felicitar polo anuncio coñecido hoxe a familia e amizades do escritor, así como á Real Academia Galega.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s