Galería

A mala xestión do Goberno anterior deixou o Concello en situación de insolvencia para pagar débedas a curto prazo

O novo Goberno municipal da Coruña atopouse cun Concello na peor situación económicofinanceira da súa historia recente, segundo está a comprobar nestes
primeiros días de mandato, cun negativo escenario derivado da mala xestión do executivo anterior que encabezaba Carlos Negreira.

Así, o actual Goberno comprobou como non só se aumentou a diferenza entre gastos e ingresos senón que a situación de tesourería e liquidez e solvencia a curto prazo é a mais negativa dos últimos anos, análise que corrobora un informe do interventor municipal, emitido a petición da alcaldía (Ver adxuntos).

No informe realizado por Intervención advírtese de que a situación económica do Concello anticipa un incumprimento do PMP (Período Medio de Pago a provedores) nos meses de xullo, agosto e setembro, o que podería provocar consecuencias legais como unha eventual intervención de tutela financeira por parte da Xunta de Galicia.
Deste xeito, a pésima xestión do Goberno anterior podería obrigar ao actual, dadas as necesidades, a unha operación de financiamento/tesourería a curto prazo, algo que o Executivo municipal estudará. Neste eido, desde o Concello aclárase que a operación de empréstito adxudicada o venres pola Xunta de Goberno Local (12,377 millóns de euros) non resolve a situación de liquidez, xa que dito empréstito xa está comprometido para os investimentos incluídos no orzamento de 2015.

Así mesmo, o Goberno local ordenou xa aos servizos municipais a conformación do expediente de modificación orzamentaria (modificativo de créditos), que será sometido a Pleno neste mes de xullo, xunto a un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de arredor de 3,7 millóns de euros (referidas a facturas de exercizos anteriores contraídas polo goberno anterior sen dotación orzamentaria).

O Goberno saído das eleccións do 24 de maio e a sesión de investidura do 13 de xuño aprobou desde o primeiro momento medidas de contención e redución do gasto, como as de supresión de varios postos directivos, baixada de retribucións do persoal eventual e outras que como a redución do custo dos cargos electos (pendente de aprobación polo Pleno da vindeira semana) van contribuír a xerar crédito disponible co que paliar, alomenos parcialmente, os graves problemas económicos de liquidez e solvencia a curto prazo cos que se atopou por parte do Goberno anterior.

Deste xeito de acordo cos informes da oficina orzamentaria, intervención e tesoureríaprocederase a variar o presuposto con medidas de contención do gasto innecesario, así como outras destinadas a mellorar a recadación para garantir a solvencia e liquidez do Concello e poder afrontar así as numerosas necesidades económicas e sociais da cidadanía da Coruña, que son a auténtica prioridade
deste novo Goberno.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s