Galería

O concelleiro de Rexeneración Urbana aposta pola “boa execución da obra” no túnel do Parrote

O concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña, Xiao Varela, e o director da Autoridade Portuaria, Juan Diego, mantiveron este luns pola mañá unha xuntanza para falar sobre as filtracións de auga mariña que se detectaron nas obras do subterráneo do Parrote, polas que o membro do Goberno local amosou a súa “preocupación” logo de revisar o terreo en primeira persoa acompañado de técnicos municipaisa pasada semana.

Durante a reunión, o Concello defendeu con claridade e de xeito construtivo dentro
dun clima de diálogoa súa prioridade: “Agora o máis importante é unha boa execución da obra, non as présas en rematar”, afirmou Varela.

Así mesmo, na xuntanza falouse sobre as obras na superficie da Mariña, que en parte semella que poderán estar listas entre finais deste mes e comezos do agosto. Desde o Concello se segue a traballar nun plan para “humanizar” o resultado desta actuación a baixo custe. Deste xeito, quedaría só por abrir un espazo en obras xusto entre A Mariña e O Parrote, que podería estar finalizado en setembro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s