Galería

Xulio Ferreiro: “Aqueles que reclaman estabilidade, o único que ofrecen é inestabilidade política e desfeita económica”

20150706 ALCALDE- EUGENIA VIEITO 1

Este luns o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, ofreceron unha rolda de prensa na que deron conta da situación económica e financeira na que se encontra o Concello por mor da mala xestión do Goberno anterior.

Un informe realizado por Intervención, e no que coincide a diagnose de Tesourería (ver documento adxunto), advirte de que o estado das contas municipais anticipa un incumprimento do PMP (Período Medio de Pago a Provedores) nos meses de xullo, agosto e setembro, o que podería provocar consecuencias legais, como unha eventual intervención de tutela financeira por parte da Xunta de Galicia, agás que o concello acuda a unha operación de tesourería a curto prazo.

“Aqueles que reclaman estabilidade, o único que nos ofrecen é inestabilidade política e unha desfeita económica”, resumiu o alcalde. Segundo explicou a concelleira de Facenda, o Concello atópase nunha situación de falta de liquidez derivada “dun proceso de gasto acelerado” levado a cabo polo anterior Executivo.

“A situación xa era coñecida pola anterior concelleira de Facenda, Rosa Gallego, que recibiu o pasado 9 de xuño un informe tanto do interventor como da tesoureira na que se advertía de que sería necesario activar unha operación de tesourería a curto prazo para poder solventar a situación”, explicou Vieito, que cifrou en aproximadamente 10 millóns a cantidade que precisa o Concello.

Pola sua parte, Ferreiro recordou que a actual situación de falta de liquidez non pode resolverse co empréstito de 12,377 millóns de euros que foi adxudicado na anterior Xunta de Goberno Local, dado que esta cantidade xa estaba comprometida polo Executivo anterior e ten como destino principal (nun 86%) os investimentos incluídos no orzamento de 2015, en concreto, as actuacións no Parrote/Mariña.

 

“Nos últimos catro anos rompeuse a hucha”
“Temos que asumir esta situación porque o anterior Goberno levou a cabo unha política de gasto irresponsable. Gastouse máis do que era normal durante este ano, claramente polos comicios municipais. É dicir, empregáronse os recursos de todos para sacar un rédito electoral”, explicou o alcalde coruñés. Segundo aclarou Ferreiro, a situación foi tal que a no só se gastou moi por riba dos ingresos senón que se dispuxo ou se comprometeu todo o remanente do 2014.

“Durante os últimos catro anos foise rompendo a hucha. Non obstante, a xente debe saber que o Goberno actual traballa para solucionar esta situación. A primeira medida será aplicar políticas de contención de gasto, que comezaron polos nosos propios soldos”, dixo o rexedor. “Concentrarémonos, sobre todo, naqueles gastos que non teñan repercusión directa no benestar da cidadanía”, explicou o alcalde. “Nestes momentos, a oficina orzamentaria e o servizo de xestión tributaria traballan en colaboración cos departamentos xestores das distintas concellerías para redistribuír o gasto e conseguir liquidez coa que poder cumprir co Período Medio de Pago a Provedores”, engadiu.

A intención do Goberno local é que o modificativo de crédito que prepara –e que está en fase de elaboraciónchegue a Pleno este mesmo mes, de xeito que o necesario axuste orzamentario poida estar aprobado canto antes. De dito expediente formará parte un recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 3,7 millóns de euros, correspondentes a gastos do goberno anterior realizados sen dotación orzamentaria.
“Hoxe mesmo o goberno municipal remitirá a todos os grupos os informes de tesorería e intervención para que coñezan a situación na que se atopa o Concello”, puntualizou Ferreiro.

 

Grecia
Noutra orde de cousas, o alcalde quixo felicitar a Grecia, “non tanto polo resultado do referendo celebrado onte, senón pola súa propia celebración”. “O pobo grego deu onte unha lección de dignidade, onde se dixo alto e claro que as desfeitas económicas provocadas por uns poucos non poden ser pagados pola maioría”, manifestou Ferreiro.

“A resposta a unha situación económica complexa non pode ser sempre pedir sacrificios que recaían sobre os ombros dos máis débiles”, indicou. “Todos e todas deberíamos aprender desta mensaxe de dignidade”, opinou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s