Galería

As primeiras pescudas sitúan en varios anos atrás os danos na inscrición de Giannini

Os primeiros pasos da investigación iniciada polo Concello para esclarecer as circunstancias nas que se produciron os danos que afectan á inscrición do século
XVIII do enxeñeiro Eustaquio Gianinni no interior da Torre de Hércules determinan que a deterioración data de hai varios anos.

O Plan Director do monumento, que se rematou de elaborar en abril de 2012, xa indica que a inscrición “que o autor deixou sobreun dos sillares no alicerce norte (…) actualmente é case imposible de ler” e recomenda “dar un tratamento de cor que permita a súa lectura, cun colorante que non degrade o soporte”.

Por outra banda, o contido da inscrición de Giannini está incorporado desde xuño de 2012 ao discurso das visitas guiadas da Torre de Hércules e a súa degradación faise notar en cada unha desas visitas, nas que se sinala o espazo no que se poden observar os restos e se subliña a súa importancia.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s