Galería

O alcalde da Coruña insta á Xunta a colaborar en proxectos estratéxicos para o seu Goberno

O presidente da Xunta manter‡ unha xuntanza co alcalde da Coru–a, Xulio Ferreiro.

O presidente da Xunta manter‡ unha xuntanza co alcalde da Coru–a, Xulio Ferreiro.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este martes co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en San Caetano (Santiago de Compostela). Na cita, que durou unhas dúas horas, o rexedor coruñés instou ao dirixente autonómico a que a súa

administración colabore naqueles proxectos que son considerados estratéxicos polo novo Goberno municipal, sempre desde a disposición a que este plantexamento sexa recíproco. Entre outros temas, abordouse o da construción dun novo centro escolar en Mesoiro, o plan do Concello coruñés para a erradicación de asentamentos precarios ou a coordinación dos tres aeroportos galegos, cuestións todas elas ante as que, en principio, Alberto Núñez Feijóo amosou receptividade.

“A reunión de hoxe discurriu nun plano cordial e institucional”, dixo o alcalde, quen tamén se puxo “a disposición do presidente para todos aqueles proxectos que a Xunta teña na Coruña e nos que podamos axudar dende o Concello”. “Podemos dicir que, en xeral, dentro das lóxicas diferenzas de visión e cada un dende a súa administración, hai liñas nas que podemos traballar xuntos e isto sempre redundará en beneficio para a cidade da Coruña e para o país”, dixo Ferreiro, quen destacou que ademais de temas como o colexio de Novo Mesoiro ou o plan para a erradicación de asentamentos precarios, tamén se tocaron outros como “o desbordamento das urxencias do CHUAC”, ou a estación intermodal de transportes.

 

 

Centro escolar en Novo Mesoiro
O alcalde insistiu na necesidade da construción dun centro escolar en Novo Mesoiro que dea cobertura a 2.000 alumnos que teñen que desprazarse diariamente desde un barrio illado do resto da cidade. Ferreiro recordou ao presidente galego que hai urxencia e terreos dispoñibles. O Concello dispón de varias parcelas que poderían ser válidas para construír un colexio e que pon a disposición da Administración galega para este fin. O presidente galego indicou que os técnicos da Xunta non consideran apropiado a primeiro ubicación que proxectaban e dixo que “estudaría” o ofrecemento
municipal de novos terreos.

Ferreiro tamén lle propuxo ao presidente galego “que a Xunta colabore no plan do Concello para a erradicación de asentamentos precarios”, un tema no que Feijóo amosou predisposición.

Outros dos temas que se abordou na reunión foi o da necesidade de colaboración entre os tres aeroportos galegos. O presidente galego agradeceu públicamente a disposición do Concello da Coruña no interese por “coordinar o sistema aeroportuario”. “Saúdo a iniciativa que o alcalde me traslada de coordinar o sistema aeroportuario, algo que se intentou sen éxito até o de agora”, dixo Feijóo, quen tamén destacou “o ton e a visión de país” de Xulio Ferreiro. Este, pola súa parte, destacou que “cooperando neste eido seremos máis fortes que competindo”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s