Galería

O Concello propón rebaixar o custe dos convenios de promoción turística con compañías aéreas

20150707 ALCALDE- IBERIA

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, mantiveron reunións este martes con tres das principais aeroliñas
que operan no aeroporto de Alvedro, e que posúen convenios de promoción turística co Concello.

En concreto, esta mañá, tanto Ferreiro como Lema reuníronse con representantes de Iberia e Globalia. Esta tarde, terá lugar o encontro con Vueling en dependencias do pazo de María Pita.

Segundo explica Lema, o motivo destas reunións é revisar os acordos aparellados cos convenios de promoción turística deste ano. Para este exercizo, e neste tipo de publicidade, o anterior Goberno local proxectou un investimento de cerca de tres millóns de euros.

“A nosa intención é revisar estas cifras, tendo en conta o problema de liquidez que presenta neste momento o Concello derivado da anterior etapa de Goberno. Agora, o principal é atender de xeito preferente as medidas de tipo máis social”, explicou Lema.

“O que pretendemos, na medida do posible, é axustar estas cifras ás nosas posibilidades, aínda que, por suposto, entendendo o valor estratéxico que ten o aeroporto de Alvedro en si mesmo, e a importancia que ten o sector turístico nesta cidade”, indica o concelleiro de Emprego.

O responsable da carteira de Economía Social cualificou as reunións coas aeroliñas de “cordiais”.“Imos tentar rebaixar a cifra ligada aos convenios de promoción para este ano debido, entre outrosfactores, ás necesidades de liquidez, e iso as compañías o entenden”, dixo. “Teñen vontade de adaptarse a esta situación”, engadiu.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s