Galería

Teatro Colón: ata o 16 de xullo continúa o Ciclo Candilejas Don Bosco

O Ciclo de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco continúa a súa programación que pechará o xoves 16 o grupo de teatro Tanxedoira coa obra ‘Usted puede ser un asesino’. Esta semana presentan os seus traballos o grupo de teatro do Liceo La Paz e o Grupo ES3HA2 de Melandrainas Teatro.

O Teatro Colón segue a apostar polo teatro afeccionado apoiando aos grupos participantes no Certame de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco que durante os seis primeiros mércores e xoves de xullo presentan os seus traballos no espazo herculino. Todas as funcións do ciclo son ás 20:30 horas, as entradas teñen un prezo de 3 € e poden adquirirse nos puntos habituais.

O teatro afeccionado é parte fundamental do sector escénico e xoga un importante papel, non só na formación dos futuros profesionais, senón tamén na formación e creación do público. Durante esta semana e a que vén preséntanse no Teatro Colón as catro últimas propostas dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco. Este mércores 8 será a quenda do grupo do Liceo La Paz coa obra de Buero Vallejo ‘Historia de una escalera’, o xoves 9 o grupo ES3HA2 da Asociación Melandrainas presenta ‘La Caja de Música’. A mostra péchase a semana que vén coa actuación o mércores 15 do grupo de teatro Fas-que-Fas vinculado á Asociación Wenceslao Fernández Flórez que presenta ‘A Fábula’ e con ‘Usted puede ser un asesino’ do grupo de teatro Tanxedoira o xoves 16.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s