Galería

O Concello aposta pola reformulación e o uso social de Smart City

O novo Goberno da Coruña pretende desenvolver ao máximo o proxecto Smart City, que pivota sobre a creación dunha plataforma tecnolóxica que incida tanto na
cidadanía, como no propio mundo empresarial da cidade. Deste xeito, o Concello aposta por reformular os postulados iniciais desde plan para centrarse no seu uso social e fomentar a participación cidadá en torno a el.

Dende o Concello coruñés quérese deixar claro o compromiso do actual Executivo con este proxecto. Non existe risco de que os 8,5 millóns de euros pertencentes a fondos da Unión Europea e comprometidos co plan tecnolóxico se poidan perder por causa de actuacións deste Goberno municipal.

Así, ao Goberno actual parécenlle curiosas as declaración do concelleiro do Partido Popular Martín Fernández Prado nas que acusa ao Goberno da Coruña de “falta de actividade” con respecto á Smart City e nas que recomenda a “coordinación de todas as áreas” do Concello para tratar este tema. Cabe salientar a nula información que posúe o edil, xa que precisamente este martes, un día antes de que decidise verter as súas críticas, tivo lugar unha xuntanza de varias horas de duración (rematou
pasadas as dez da noite) para abordar a reformulación da Smart City na que estivo presente o equipo de Goberno, así como representantes da área de Innovación Tecnolóxica do Concello.

A intención de tratar de mellorar este proxecto tecnolóxico e centralo en usos sociais e que fomenten a participación cidadá atopábase xa no programa de goberno do actual Executivo, que nunca apostou por tirar por terra a Smart City, aínda que si por facela comprensible, accesible e transparente para a veciñanza.

O Goberno municipal quere recordarlle ao señor Fernández Prado o seu compromiso coa Smart City, sobre a que procura toda a información existente e no que xa está a traballar.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s