Galería

O Goberno convoca o Pleno de Organización para o sábado cunha proposta de participación dos grupos “como nunca houbo neste Concello”

O Goberno local da Coruña convocou para este sábado ás 09.00 horas o Pleno de Organización, para o que o grupo de goberno presentou onte ao resto de grupos
unha oferta que, segundo o alcalde Xulio Ferreiro, “é xenerosa e supón un grande esforzo” e na que os niveis de participación dos grupos municipais alcanza un rexistro “como nunca se deu neste consistorio”. O rexedor amosa o seu desexo de alcanzar a aprobación por unanimidade e aposta polo diálogo e a participación como modo de dirixir a cidade.

“Fixemos unha proposta. Baséase en dous criterios. O primeiro, que poidamos gobernar, que os concelleiros e concelleiras non teñan que empregar o seu tempo libre para poder gobernar, senón que esta sexa a súa principal dedicación. Deben ter os medios e a dispoñibilidade, material e temporal, para gobernar, polo ben da cidade. E en segundo lugar, tamén queremos que a oposición teña os medios materiais e humanos suficientes para facer a labor que teñen que facer, que é controlar a este Goberno. Neste senso, imos facer un esforzo moi importante, que lle imos trasladar
a todos os grupos. Un esforzo en dedicacións e no acceso a órganos colexiados, cuestións de Xunta de Goberno Local, cuestións que poderiamos ter xa aprobado, pero que quixemos negociar con todos os grupos. Chegamos a cotas de participación de todos os grupos nos órganos colexiados, e nas mesas de contratación que nunca se alcanzaran neste Concello”, explicou á prensa Ferreiro.

“Nunca se fixo un esforzo tan grande no Goberno municipal como o que nós ofrecemos nestes momentos. Ni o PP cando estivo no Goberno, ni o PSOE canto estivo no Goberno, entenderon que a oposición necesitaba de medios para poder facer o seu traballo. Queremos que todos os grupos municipais teñan o que precisan para facer o seu traballo. Este é un plantexamento, o que facemos, sen precedentes. Por iso espero que o sábado se poida aprobar por unanimidade no Pleno de Organización”, indicou o alcalde, que tamén sinalou que “o Goberno ten que poder gobernar. Non parece lóxico que o grupo que está no Goberno teña menos dedicacións que a oposición. Polo tanto,
vai haber proporcionalidade no reparto aos grupos municipais. Non é lóxico un reparto no que a oposición leve máis que o Grupo de Goberno. Este non é un reparto atendendo aos intereses do noso grupo municipal, isto atende aos interese da cidade, que debe ter persoas que se adiquen a gobernar, porque senón as cousas non van como teñen que ir. Os concelleiros e concelleiras teñen que poder adicarse en corpo e alma, como xa o están a facer dende hai catro semanas, a xestionar o Concello e as súas áreas”.

Neste sentido, Ferreiro chamou á responsabilidade do resto de grupos, aos que o grupo de Goberno trasladou onte unha proposta que espera dea como resultado un acordo final e na que das 15 comisións do Pleno un número moi superior ao habitual nesta corporación nas anteriores etapa, que inclúe a recuperación da Xunta de Portavoces e que contarán con voto ponderado dun ou dunha representante de cada grupocinco presidencias serán para a Marea Atlántica, outro tanto para o PP,
tres para o PSOE e unha para o BNG.

Respecto aos representantes en Órganos Colexiados, estes serían así, segundo a proposta do grupo de Goberno:

IMCE (4): Marea (2, incluída Presidencia), outros grupos (2)
Consorcio de Turismo (4): Marea (2, incluída Presidencia), outros grupos (2)
Consorcio da Música (5) Marea (2, incluída Presidencia), outros grupos (3)
Emalcsa (9): Marea (3, incluída Presidencia), PP (3), PSOE (2), BNG (1)
Emvsa (9): Marea (3, incluída Presidencia), PP (3), PSOE (2), BNG (1)
EDAR Bens SA (5): Marea 2, outros grupos 3
Fundación Emalcsa (9): Marea (3, incluída Presidencia), PP (3), PSOE (2), BNG (1)
Fundación Luís Seoane (3) Marea (1, Presidencia), outros grupos 2.
En canto a retribucións e dedicacións, o grupo de Goberno fai unha proposta na que a Alcaldía recibiría 40.000 € brutos anuais; as concelleiras/os delegados/as de Goberno (8) sería oito con 35.000 euros brutos anuais, nun total de 280.000 euros, a mesma cantidade que recibiría a oposición do seguinte xeito: catros dedicacións ao PP de 35.000 euros brutos anuais, tres para o PSOE e unha para o BNG da mesma cantidade. As sesións do Pleno recibirán 180 euros por sesión (máximo dúas
ao mes) e as comisións 90 euros (máximo dúas por persoa e Pleno).

Por último, en canto ao persoal eventual, dentro do límite e nivel retributivo dos 21 postos contidos no acordo da Xunta de Goberno Local, habería dúas para o Grupo Municipal do PP, dúas para o PSOE e unha para o BNG. Na Xunta de Goberno Local entrará un/unha concelleiro/a por grupo municipal (PP, PSOE e BNG), con voz e sen voto. Nas Mesas de Contratación, un/unha concelleiro/a por grupo municipal, con voz e sen voto, dada a composición técnica e funcións da Mesa. Así mesmo, intentarase, dentro dos prazos posibles, asignar un posto de persoal administrativo para cada Grupo e se procurará unha reordenación pactada de espazos e mellora progresiva das dotacións materiais e instalacións dos locais dos Grupos Municipais.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s