Galería

O alcalde da Coruña anuncia un plan integral de reparación das vítimas do franquismo

FullSizeRender (1)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudiu este xoves á presentación do libro “O piloto. O último guerrilleiro” (Hércules Ediciones). O acto estaba organizado pola Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e pola

Fundación Rodríguez Iglesias.

No acto, o rexedor coruñés anunciou a posta en marcha por parte do Goberno municipal dun plan integral para a reparación das vítimas do franquismo. Ferreiro manifestou que coa axuda da Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica e xunto con outras asociacións do ramo o Concello impulsará, de xeito participado, unha serie de políticas pola memoria.

Entre outros obxectivos está o de dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica e, sempre causando o menor prexuízo posible aos cidadáns, mudar o nome das rúas que presentan vencellos franquistas. No obstante, segundo explicou o alcalde, iso tan só será unha pata, xa que o plan integral que se pretende artellar ten como obxectivo que A Coruña deixe de ser “a cidade da simboloxía franquista para converterse na cidade da memoria”.

“Hoxe reafírmome nun compromiso, que é persoal e de goberno: o de honrar a memoria dos
perseguidos polo fascismo e dos represaliados e represaliadas; o de conseguir, máis pronto que tarde, que a A Coruña deixe de ser a capital da simboloxía franquista”, indicou Ferreiro no acto, no que ademais, firmou no libro de honra da Fundación Rodríguez Iglesias. O alcalde manifestou que a creación deste plan integral de reparación para as vítimas do franquismo é un compromiso de Goberno polo que se porá en marcha, “sen présa, pero sen pausa”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s