Galería

O Coliseo espera superar as 30.000 persoas nos catro concertos de pop comercial programados para este verán

20150709 JOSÉ MANUEL SANDE- PROGRAMACIÓN MÚSICAL DO COLISEUM 1

O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na mañá deste xoves a programación musical do Coliseum para este verán, un programa “de primeira liña”, segundo salientou o responsable municipal, con catro nomes como
son Pablo Alborán, Sting, Alejandro Sanz e Maná. Tal e como sinalou o director do recinto multiusos, Javier Rodríguez, tamén presente na rolda de prensa, o obxectivo destes concertos é rebasar, en total, as 30.000 persoas e deixar cuberta durante os meses de xullo e agosto a programación pensada en gran formato de música pop comercial, para poder atender as outras sensibilidades que tamén existen na cidade de cara ao verán.

A primeira cita será con Pablo Alborán, que chegará ao multiusos coruñés o próximo sábado, día 11, ás 22.30 horas, dentro do seu “Tour Terral 2015”, co que presenta do seu terceiro álbum e co que repite na cidade despois do seu cheo absoluto do 2013. Os billetes, de entre 22 euros (tendido alto) e os 130 (presidencia, “golden ticket”) están a piques de esgotarse.

O martes 14 de xullo, ás 22.00 horas, o recinto recibe a Sting, que regresa á cidade 24 anos despois do seu histórico show na Coruña en xuño de 1991, co que o Coliseum inauguraba o seu cartel internacional. Nesta ocasión, o artista británico repasará moitos dos seus grandes éxitos, tanto da súa etapa con Police como da súa carreira en solitario, acompañado por unha banda formada por músicos como Dominic Miller, David Sancious, Jo Lawry, Peter Tickell ou o batería Vinnie Colaiuta. Como no caso anterior, apenas quedan mil localidades sen vender, polo que se espera un cheo total. O custe das entradas está entre os 45 e os 70 euros.

 

Agosto

Xa en agosto, o Coliseo recibirá, o día 8, a Alejandro Sanz, que presenta o seu disco “Sirope” na que será a décima actuación neste espazo. O concerto, ás 22.30 horas, chega despois dunha xira na que o artista percorreu unha ducia de países. As entradas van desde os 28 ata os 70 euros.

O día 26 recala na cidade a banda latina Maná, que inclúe A Coruña na súa xira española de presentación do disco “Cama Incendiada”, un concerto que como subliñou o director do Coliseo é unha probad de que o recinto é capaz de albergar espectáculos de primeiro nivel, tanto por calidade artística como capacidade técnica. As entradas, segundo o caso, están á venda en Ataquilla, Ticketmaster, El Corte Inglés, Ticketea e
Marcaentradas.
2

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s