Galería

O Concello abre redes sociais propias dentro da súa aposta pola comunicación coa cidade

O Concello da Coruña contará desde mañá con presenza nas redes sociais. Nun exercicio de transparencia e apertura á cidadanía, desde este venres, día 10, a veciñanza da Coruña poderá atopar e compartir a información do goberno local e os servizos municipais nos perfís oficiais do concello en Facebook (www.facebook.com/ConcelloCoruna) e Twitter (w ww.twitter.com/ConcelloCoruna) . Esta chegada aos medios sociais do Concello con perfís globais, ademais, virá acompañada pola emisión, a través da web, do vindeiro Pleno de Organización, que terá lugar o sábado, día 11, ás 9.00 horas. A orde do día atópase dispoñible tamén na páxina http://www.coruna.es .

A creación das contas municipais e a presenza activa do Concello na rede supón a apertura dunha nova canle de comunicación entre o Pazo de María Pita e a cidadanía, até agora esmorecida, co obxectivo de fomentar a súa participación no desenvolvemento das políticas públicas. Ademais de facer fincapé na interacción cidadá, entre os contidos que estarán dispoñibles tanto en Facebook como en Twitter, os usuarios atoparán información sobre as decisións e propostas do goberno local, avisos de interese ou axenda municipal.

Nas vindeiras semanas, o Goberno local activará os seus perfís sociais noutras redes, onde a veciñanza poderá coñecer o día a día do seu concello, compartir materiais audiovisuais ou seguir por streaming os plenos e outras actividades. Este interese, traducido en feitos, polas novas tecnoloxías, a apertura de datos e a transparencia desde o Concello, é unha das principais apostas deste novo Goberno municipal, como se pode observar na reformulación do proxecto da Smart City para achegalo á cidadanía.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s