Galería

Sande: “O Noroeste Pop Rock será máis amplo e menos custoso que nas edicións anteriores”

A edición deste ano do Noroeste Pop Rock será máis extensa e chegará a máis espazos que en anos anteriores, e farase cun orzamento máis reducido. O concelleiro
de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, perfilou este xoves pola mañá algúns detalles do festival de música, que se celebrará entre o 3 e o 7 de agosto e que terá referencias locais, nacionais e internacionais durante os dous días de concertos na praia (os días 6 e 7). Nesa aposta pola extensión, aumentan tamén o número de concertos, que serán máis de trinta e que se repartirán entre os areais e distintos espazos da cidade. Todo, cunha diminución dos custos. “Se se fai un bo traballo e se busca ben, hai posibilidades de atopar grupos de prestixio e recoñecemento nacional e internacional a prezos correspondentes á situación real”, sinalou o concelleiro, que tamén salientou a aposta polas bandas locais nesta edición.

O responsable municipal de Cultura aludiu tamén o custo do programa de festas deste verán, que tamén será “moi inferior”ao de outros anos. “Será un programa austero, mantendo a programación todas as semanas e incidindo en toda a programación habitual”, informou Sande, que calcula a redución de gasto das festas nun 65% respecto aos datos reais de 2014. Delas, destacou a colaboración cos organismos da excelencia, como é a OSG, a descentralización das festas para converter os barrios en elementos centrais. “Non son unhas festas do centro da cidade, senón que son unhas festas da cidade enteira”, remarcou.

 

En relación á supresión do certame de Casas Rexionais, o concelleiro lembrou os prexuízos que supón para a hostalería e o gasto que representa para o Concello, ademais da ocupación de espazos públicos. Nesa liña, lembrou que o Concello está aberto a manter convenios con cada unha das casas rexionais, e segue a responder ás súas peticións puntuais “constantemente” .

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s