Galería

Xulio Ferreiro: “Dotaremos de contido á Smart City, porque moita xente non sabe nin o que é”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosouse este xoves sorprendido polas críticas que verteu o PP sobre a xestión do novo Goberno do proxecto tecnolóxico da Smart City. O rexedor asegurou que o programa non corre ningún tipo de risco, aínda que será reformulado, para “dotalo de sentido”.

“Chamoume a atención que o PP lance esta mensaxe sen base. Dicir o que dixeron sobre a xestión da Smart City xusto un día despois dunha reunión de cinco horas de todo o Goberno municipal con técnicos de Innovación para tratar ese mesmo tema é ter un descoñecemento bastante grande do asunto, ou moi mala baba”, indicou Ferreiro. “Non tivemos nin cen nin dez días de marxe”, apuntou.

“No proxecto da Smart City sabemos o que hai, e para o que ten que servir de verdade, para ser útil para a cidadanía. Do que tamén somos conscientes é de que hai moita xente que non sabe aínda o que este proxecto, polo que temos que dotalo de contido”, dixo o rexedor nunha entrevista na Cadena Cope. “Pedimos que ninguén se alarme porque imos cumprir os obxectivos e non imos comprometer o Concello”, explicou.

Con respecto a situación na que se atopa o Concello, derivada da xestión do anterior Goberno municipal de Carlos Negreira, Ferreiro salientou que o actual Executivo ten un plan en marcha para poder solventar a situación. “Un plan que non só pasa por unha operación de tesourería, senón tamén por unha redución de gasto que empeza por nós mesmos”, recordou.

A este respecto, relacionou as medidas de aforro coa supresión das chamadas Casas Rexionais do programa de festexos de este ano. “Imos facer unas festas, gastando a metade que nos últimos anos, onde cremos que xente vai poder gozar máis”, dixo. “As Casas Rexionais non supoñían ningún beneficio para o Concello, ao contrario, un gasto moi elevado, que chegaba aos 70.000 euros e que non xeraba recurso algún”, indicou o alcalde, quen dixo que sacar a Feira Taurina do cartel das festas, podería xerar tamén aforro.

Noutra orde de cousas, o alcalde comentou que o seu Goberno analizará a vontade da cidadanía con respecto ao festivo local que queda por determinar para 2016, ao ter feito a Administración autonómica o 24 de xuño festivo en toda Galicia. “Será o día que demande a cidade”, sentenciou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s