Galería

O PP e o PSOE votan xuntos contra a proposta de organización municipal do grupo de Goberno, que apoiou o BNG

20150711 PLENO 7

Os grupos municipais do PP e o PSOE votaron esta mañá xuntos contra todas as propostas levadas polo grupo de Goberno ao Pleno para a organización, e que si

apoiou o BNG. As dúas formacións vetaron o punto relativo ao horario das sesións plenarias, que segundo a proposta do Grupo da Marea Atlántica quedarían fixados para o primeiro luns de cada mes ás cinco da tarde, dentro da aposta por “abrir o pleno a xente” que é, tal e como recalcou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, “unha débeda pendente deste Concello”.

O mesmo ocorreu co punto sobre a creación e composición das comisións informativas do pleno da corporación, que segundo a proposta levada á sesión extraordinaria polo Grupo de Goberno abriría a Xunta de Goberno Local e a mesa de contratación á presenza dos grupos da oposición e concedería ao PP cinco presidencias nas comisións do pleno as mesmas que a Marea, tres ao PSOE e unha ao BNG, dentro do “compromiso de proporcionalidade” do Goberno municipal, unha oferta que, segundo lembrou o alcalde, vai “moito máis alá do que está obrigado”. A este punto, o PSOE chegou presentar unha enmenda, que retirou antes da votación.

En igual sentido pechouse a votación relativa ás retribucións, asistencias e indemnización dos membros da corporación, que quedou rexeitada cos 16 votos en contra dos concelleiros e concelleiras do PP e o PSOE. A proposta levada pola Marea inclúe 40.000 € brutos anuais para a alcaldía; 35.000 euros brutos anuais para oito concelleiros e concelleiras do goberno (un total de 280.000 euros), catro dedicacións para o PP de 35.000 euros brutos anuais, tres para o PSOE e una para el BNG da mesma cantidade.

Os voceiros dos grupos do PP e o PSOE, Carlos Negreira e Mar Barcón, pediron un “acordo global”, e a concelleira do BNG, Avia Veira, demandou “diálogo e respecto ás minorías”. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ao remate do pleno, incidiu en que “o único problema que poñen os grupos que votan en contra desta proposta ten que ver coas dedicacións, soldos e número de asesores”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s