Galería

Medio Ambiente redobrará os esforzos para mellorar o estado das zonas verdes ante un verán seco

A concellería de Medio Ambiente redobrará os esforzos para mellorar o estado das zonas verdes e xardíns da cidade e contrarrestar os efectos dun verán que está
sendo especialmente seco. A responsable municipal desta área, María García, mantivo na mañá deste luns reunións coas tres empresas encargadas do rego dos espazos verdes para coordinar os traballos, que considera “prioritarios”. Nos encontros, a concelleira demandou das empresas información diaria do estado das zonas verdes e o arborado da cidade, así como primacía á rega, e anunciou que reforzará a labor de coordinación e inspección municipal neste eido, ante a deterioración que sofren algúns espazos por mor da seca.

“Entendemos a preocupación da xente”, sinalou García, quen informou de que o Concello está a dar prioridade ao mantemento do arborado e as áreas máis sensibles xa que, como declarou, “son de máis difícil rexeneración que o céspede”.

Tal como indican desde Medio Ambiente, un dos motivos de que algúns espazos estean máis secos que noutras épocas está, por unha banda, na implantación do sistema intelixente de rego de Smart City, que comezou a funcionar en abril, en época de seca que xa precisa de rego artificial, con algúns desaxustes. A este respecto, a concelleira incidiu nos traballos que se están a levar a cabo desde hai semanas para mellorar o sistema. Por outra banda, a responsable municipal aludiu aos danos que afectan ao sistema automático de rego dalgúns puntos, que está obrigando ás empresas
encargadas a realizar as labores de rego de xeito manual.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s