Galería

O alcalde da Coruña fai unha chamada ao consenso e pide“posicións razoables” aos grupos da oposición

20150713 ALCALDE- DECLARACIÓNS 1

Cúmprese un mes dende a investidura de Xulio Ferreiro como alcalde da Coruña. O rexedor fai un balance moi positivo destas primeiras semanas nas que “moitas cousas empezaron a cambiar, non só simbolicamente, senón tamén a nivel político”. “Este foi un mes marcado pola situación económica na que se atopa o Concello, pero tamén un mes marcado polos pasos que estamos a dar para solucionar, precisamente, esa situación que nos deixou o PP”, indicou ante os medios. “Estamos moi contentos polo apoio que reciben as primeiras actuacións deste Goberno, cremos que hai respaldo, tanto dende a cidadanía, como tamén dende dentro da casa, onde penso que o persoal ten a sensación de que se conta con el. Hai satisfacción tanto dentro
como fóra de María Pita”, salientou.

Por outro lado, o alcalde coruñés chamou ao consenso a todos os grupos municipais co obxectivo de chegar a un entendemento que permita sacar adiante o Pleno de Organización. Ferreiro destacou, non obstante, que para acadar un acordo é necesario asumir “posicións razoables”.

“Neste momento, desde o Grupo de Goberno cremos que nin o PP nin o PSOE asumen posicións razoables. O PP non o fai cando lle pide ao Goberno municipal que goberne nos seus ratos libres. Creo que iso non é asumible, non xa polo Executivo local, senón pola propia cidade”, dixo Ferreiro, nun encontro coa prensa. “Cremos que o PSOE tamén está nunha postura non razoable cando pretenden que o seu grupo municipal teña dedicacións que representan o 80% das que teñen os concelleiros do Goberno, e só para dedicarlle a metade do día”, indicou o rexedor da Coruña.

Por outra banda, Ferreiro recordou que a proposta que fixo o grupo de Goberno ao resto da Corporación é especialmente xenerosa. “Fixemos un ofrecemento como nunca se fixo antes para a oposición en canto a garantir o seu acceso a órganos colexiados ou representación nas mesas de contratación”, manifestou. “Se imos cara a un escenario razoable, o acordo será posible, por iso chamo á responsabilidade de todos os grupos”, dixo o alcalde coruñés.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s