Galería

Xulio Ferreiro: “Na clase política estaba instalada a idea de que hai dúas clases de persoas, as que poden vivir con pouco e as que necesitan moito”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou o domingo pola mañá o seu compromiso coa contención do gasto no Goberno municipal, unha proposta que se concreta en medidas como a rebaixa do salario do alcalde ata os 40.000 euros brutos ao ano, en contraposición cos “abusos” que marcaron épocas anteriores. “Iso ten que ver coa nova política. Fixamos uns topes que responden, por unha banda, a eses excesos, pero tamén pretende lanzar unha mensaxe de solidariedade coa xente común, coa xente que o está pasando mal e que ve como institucións económicas (o FMI, pero tamén o Goberno central) estanlle dicindo que gana demasiado ao tempo eles se poñen salarios que van moito máis alá”, sinalou o alcalde durante unha entrevista na Cadena Ser Galicia, esta mañá.

Nese contexto encadrou Ferreiro as tensións nas conversas dos últimos días cos grupos municipais dentro da negociación para acordar a organización municipal. “Hai quen di que os salarios que propoñemos son moito para nós e pouco para eles. E que pensan que hai dúas clases de persoas, as que poden vivir con pouco e as que necesitan moito? Esta é unha idea que estaba instalada na clase política e iso a cidadanía viuno e reaccionou en contra”, lembrou o rexedor coruñés, que aludiu tamén á situación que atopou o novo Goberno local ao entrar no Concello.

Nesta liña, Ferreiro apuntou ao estado de execución dos orzamentos municipais na primeira metade do ano ou ao informe da Intervención e Tesourería que alerta dos problemas de liquidez do Concello e para facer fronte aos pagos a proveedores, un documento datado o 9 de xuño, pero que o equipo de Goberno non coñeceu ata entrar en María Pita. “Na documentación do traspaso de poderes esta información non a tivemos”, lamentou Ferreiro, antes de avanzar que xa se está traballar para arranxar a situación.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s