Galería

O alcalde da Coruña pide respecto polo funcionariado municipal

20150714 ALCALDE- DECLARACIÓNS 1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu hoxe á oposición, e concretamente ao grupo municipal do PP, que non xere “alarmismos innecesarios” nin dea información “falta de rigor”, como no caso do desenvolvemento do programa da Smart City. “Din que facemos una lectura nesgada, pero precisamente lectura nesgada das cousas é dicir que se van perder fondos europeos cando todos os informes feitos polo persoal do Concello entenden que o proxecto vai adecuadamente”, indicou. Así, no que respecta ao estado económico do Concello, onde se detectaron problemas de liquidez derivados da xestión do Goberno anterior, o rexedor recordou: “Non somos nós os que dicimos que esta é a situación na que nos atopamos, son informes realizados por funcionarios de prestixio”.

Por outro lado, Ferreiro explicou este martes, a preguntas dos medios, que o grupo municipal que sustenta o Goberno local reenviou esta xornada unha carta ao resto de forzas con presenza na corporación obxectivo de acadar un acordo definitivo de cara ao Pleno de Organización. “No obstante, todo acordo ten que pasar porque as peticións de PSOE e PP volvan á lóxica”, indicou. “Os concelleiros do Goberno teñen que ter capacidade e persoal para facer o seu traballo”, engadiu.

“O PSOE debe entender que non todo o seu grupo poder ter dedicacións, nin percibir o 80% do que recibirá un edil con responsabilidades de Goberno, por estar tres ou catro horas no Concello”, opinou o alcalde coruñés, quen tamén incidiu en que a oferta feita aos grupos municipais pola parte do grupo de Goberno é “histórica”.

 

Feira Taurina

En canto á suspensión da Feira Taurina, posta en marcha polo IMCE por razóns de interese público, o reedor coruñés manifestou que se trata dunha promesa electoral. “Tres dos grupos que hoxe están en María Pita manifestaron en campaña a súa intención de paralizar esta actividade dentro das festas”, dixo. “Entendemos que o maltrato animal é unha causa de interese público suficiente como para poder extinguir o contrato, pero ademais, todos puidemos ver as fotos da feira nos últimos
anos”, indicou, en referencia ao escaso público que congregaban as touradas na cidade.

O alcalde aludiu tamén ao custe que a feira taurina supoñía para o Concello. “Acondicionar o Coliseum para poder acoller unha praza de touros era algo do que se tiña que facer cargo o Consistorio, e isto ten un custo. As estimacións falan que este festexo custaba uns 60.000 euros a toda a cidadanía”, dixo.

Doutra banda, e preguntado pola situación das obras do túnel do Parrote, o alcalde manifestou: “Hai informes e documentos, incluso da Autoridade Portuaria, que indican que hai filtracións, polo que hai que actuar con rigor e con seriedade. Agora o que se trata é de buscar unha solución para que a parte da obra que queda sen entregar se dea nas mellores condicións posibles ao Concello para que non teñamos que asumir gastos disparatados, consecuencia dunha execución acelerada”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s