Galería

A Coruña acolle desde mañá o Campionato de España de Natación Alevín

20150715 SANDE- III CAMPEONATO DE ESPAÑA DE NATACIÓN ALEVÍN 1

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita o III Campionato de España de Natación Alevín. A proba, organizada polo Club Natación Liceo co apoio do Concello da Coruña, terá lugar dende

mañá, día 16, até o domingo 19 na piscina de Casa del Agua, ubicada en Riazor.

O concelleiro estivo acompañado na presentación polo presidente da Real Federación Española de Natación, Fernando Carpena, o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón, o Xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Roberto García, e o responsable de organización do evento, Jesús de la Fuente. Sande sinalou que a celebración do Campionato alevín “entronca coas propostas no goberno municipal”, referíndose á aposta por “afondar no deporte base como valor fundamental”. Nas probas, repartidas en 7 sesións, participarán 567 deportistas de 12 a 14 anos de 205 clubs de todo Estado, dos que 10 serán coruñeses. O presidente da Federación subliñou a “suma importancia” desta conexión do deporte base co federado. Segundo Carpena para moitos deportistas que estarán na Coruña este Campionato suporá “o salto á competición”. “Os que queiran e teñan a capacidade poderán alcanzar fitos como os que vive agora o noso deporte”, afirmou, lembrando os éxitos internacionais da nadadora Mireia Belmonte.

As probas, que comezarán mañá pola tarde ás 16.30 horas coa proba dos 1500 metros libres masculinos, serán eliminatorias e contarán cunha grande final. “Serán sesións bastante exhaustivas”, segundo sinalou Jesús de la Fuente, organizador do evento e responsable do Liceo. “Todos os deportistas nadarán todas as probas en todos os estilos”, explicou De la Fuente, quen afirmou que o público da Coruña asistirá a un Campionato “moi competitivo, onde coñecerán as grandes figuras dos próximos anos do noso deporte”.

Pola súa banda o Presidente da Federación Galega, Carlos Bremón, lembrou na presentación a relación na cidade coa competición oficial desde os anos 30, co nacemento das primeiras travesías, e fixo especial fincapé nas condicións das instalacións onde se desenvolverá o Campionato. “Segundo os técnicos da Federación, esta é unha das mellores piscinas de España”, afirmou. Bremón tamén resaltou a rendibilidade “deportiva, social e económica” que supón a celebración dunha proba destas características na Coruña.

As probas desenvolveranse en 7 sesións diferentes até o domingo pola tarde. O Campionato celebrará a entrega de trofeos ás 18.45 do día 19 e todos os horarios e resultados poderán consultarse na páxina web da Real Federación Española de Natación, http://www.rfen.es

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Deportes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s