Galería

Xulio Ferreiro comprométese a que A Coruña non emitirá vertidos incontrolados á Ría do Burgo

20150715 ALCALDE- DECLARACIÓNS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asegurou este mércores que o Concello cumprirá os seus compromisos para coa Ría do Burgo e o seu saneamento. Así, o rexedor asegurou que na cidade herculina non haberá ningún punto de vertido incontrolado que chegue a esa enseada. Ademais, puntualizou que A Coruña non só “cumprirá os seus compromisos”, senón que esixirá aos demais actores implicados, como son a Xunta e o Goberno central, a levar a cabo os seus.

Ferreiro salientou que os departamentos de Medio Ambiente e Infraestruturas do Concello xa traballan para evitar que no término municipal da Coruña se rexistre calquera punto de vertedura incontrolada.

Preguntado en rolda de prensa polos xornalistas acerca da intención dos mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo de constituír unha fronte común entre concellos para esixir o saneamento integral do estuario, Ferreiro recordou que este foi un dos temas que levou na súa axenda na reunión que mantivo a pasada semana co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

“Iremos á reunión cos mariscadores, xa que o obxectivo que temos é o mesmo. Sanear a Ría do Burgo para que, de novo, sexa un lugar coa maior salubridade, onde se poidan realizar actividades económicas. Deben ser os técnicos os que digan que é o que se debe facer na zona, pero nós imos sentarnos e darlle o noso apoio para lograr ese obxectivo común”, asegurou o alcalde.

Por outra banda, Ferreiro amosou a súa confianza en que se logre un acordo entre os grupos municipais que poida desbloquear o Pleno de Organización. “Agardamos que todos os grupos veñan a un marco aceptable de discusión, que pasa, tamén, por rebaixar algunhas pretensións, xa que a realidade é que o único punto que nos separa é o que ten que ver coas súas retribucións”, indicou. “Se non podemos acudir cun consenso absoluto ao Pleno, si creo que poderemos acadar un acordo por maioría suficiente. Se todos actuamos con responsabilidade, poderemos chegar a un
acordo”, dixo.

 

 

Feira Taurina

Noutra orde de temas, Ferreiro foi preguntado pola posibilidade de que a empresa promotora da Feira Taurina presente unha reclamación pola decisión do Concello de suspender este festexo amparándose no interese xeral, ademais de no seu custe e o escaso público que congregaba en cada edición.

“Están no seu dereito, poden reclamar se non están de acordo coa indemnización, pero dende o Concello non temos ningún medo. Estamos convencidos de que facemos o que manda a lexislación e a xurisprudencia”, indicou o alcalde. “Creo, por outro lado, e dende o punto de vista xurídico, que incluso sería interesante, para saber que valor ten o maltrato animal na nosa sociedade. Ao mellor, coa demanda, pódense abrir camiños que non estaban plantexados até o de agora”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s