Galería

O Ciclo principal de Outono do Rosalía arranca en setembro cun programa cargado de “primeiras espadas”

16072015-_MG_5615

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este xoves o Ciclo Principal de Outono do Teatro Rosalía, que entre o 18 de setembro e o 19 de decembro subirá a escena dez obras teatrais cargadas de “primeiras espadas”,
segundo salientou o director do Rosalía, Paulo Rodríguez, tamén presente no acto. Blanca Portillo, Roberto Álamo, Sergio PerisMencheta, Concha Velasco ou Lolita Flores son algúns dos intérpretes, nun programa “que intenta buscar o equilibro entre artistas noveis e consagrados, directores, directoras, estilos e formatos”, segundo indicou Rodríguez.

O ciclo arranca a fin de semana do 17 e 18 de setembro coa obra O livia y Eugenio, un espectáculo de José Carlos Plaza interpretado por Hugo Aritmendiz e Concha Velasco. A actriz tivo que suspender a súa actuación anterior no Rosalía e regresa cunha obra chea de tenrura, na que se reflexiona sobre a diversidade, aquelo que é normal e as esquinas da realidade.

En E dipo, a Compañía do Chapitô reconstrúe o clásico en clave de comedia (os días 9 e de 10 de outubro), nunha versión sen escenografía nin luces, abordada prácticamente desde o xesto e a interpretación dos actores Jorge Cruz, Nadia Santos e Tiago Viegas.

O 23 e 24 de outubro chega La sesión final de Freud, da Fundación UNIR (Universidade Internacional da Rioja), unha obra cargada de humor e ironía que recrea a última conversa de Freud con Clive Staples Lewis poucos días antes da súa morte. A última fin de semana de outubro (días 30 e 31) sube a escena unha das propostas galegas do ciclo, a da compañía Ilmaquinario Teatro, que presenta a sua segunda produción, P erplexo , unha comedia de enredo dirixida por unha das promesas da dirección española, Tito Asorey.

Como un “peso pesado” cualifica o director do Rosalía a obra que ocupa os días 6 e 7 de
novembro. Trátase de E l Testamento de María, un monólogo interpretado de forma “maxistral” por Blanca Portillo baixo a direción de Agustí Villaronga, onde se humaniza a figura de María de Nazaret. Os días 20 e 21 son para outra proposta galega, Pequenas certezas , de Sarabela Teatro, dirixida pola xa consagrada Ánxeles Cuña Bóveda.

Teatro Español presenta, os días 27 e 28 de novembro, L a plaza del diamante, un monólogo cheo de matices e emocións no que a actriz Lolita Flores métese na pel de “La Colometa” para facer unha crónica da Barcelona da posguerra. L a Piedra Oscura , de Alberto Conejero, serve de reflexión sobre a memoria como espazo para a xustiza e presenta unha historia sobre a preservación do legado literario, o de Federico García Lorca, como unha extensión do amor. Estará no Rosalía os días 11 e 12 de decembro, co xove e prometedor Pablo Messiez na dirección.

Pecha a programación do abono, os días 18 e 19 de decembro, a produción L luvia Constante , con dous grandes da interpretación como son Roberto Álamo e Sergio PerisM encheta, baixo a dirección de David Serrano.

O ciclo confórmano nove obras que se integran no abono e ás que se engade, o sábado 3 de outubro, unha décima, o espectáculo L a Gloria de mi Mare, unha r ara avis que mistura interpretación cocante, a interpretación de guitarra no escenario e o baile, da man da artista principal, Asunción Pérez, “La Choni”.

O prazo para a renovación de abonos abrirase o 20 de xullo e seguirá ata o 1 de setembro (ambos incluídos), no despacho de billetes da plaza de Ourense, de luns a venres en horario de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas, ou no servizo de televenda (902 504 500) e a plataforma online. Cada abonado terá reservada a localidade que ocupou no ciclo na temporada de primavera 2015, a condición de que manteña o mesmo tipo de abono. Os abonados interesados en cambiar de asento, de localidade ou de día deberán proceder á súa renovación nos días e horarios establecidos, podendo optar só ás localidades non ocupadas por outros abonados. Para acceder ás localidades que deixen libres os abonados que non renoven, os interesados deberán acudir ao despacho de praza de Ourense o día 2 de setembro.

O prazo para novos abonados irá do 3 ao 4 de setembro e a partir do día 7 estarán dispoñibles as entradas soltas para a venta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s