Galería

O Concello da Coruña presentará unha proposta para mellorar as obras da Vedra

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, mantivo este xoves una xuntaza con representantes do Ministerio de Fomento, na que se
abordaron todos os temas que atinxen de forma conxunta, e nesta materia, tanto a administración local como á central. De forma especial, abordáronse as obras de remodelación previstas na Avenida da Vedra.

A remodelación da Vedra é un proxecto importante e de gran envergadura polo que o Goberno local sostén que ten dereito a dar a súa opinión e a incidir no mesmo. Concretamente, o Concello da Coruña aposta por dar un perfil “máis amable” da avenida, “humanizala” e que sexa compatible con outras formas de mobilidade, máis alá dos turismos.

Neste senso, a Concellería de Rexenaración Urbana prepara unha proposta que presentar ante o Ministerio de Fomento e non descarta unha reunión ao máis alto nivel. En ningún caso a proposta do Goberno municipal, a pesar de certas opinións, falou da anulación da ampliación da Vedra. Non obstante, si considera que o cambio de Goberno municipal é aval suficiente para facer unha achega propia ante o Ministerio de Fomento.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s