Galería

Teatro Colón: Anthony Blake e o Festival Internacional de Folclore pechan a programación de xullo

Mañá venres 17 e o sábado 18 ás 21:00 horas o mentalista Anthony Blake presenta o espectáculo ‘+allá de la imaginación’ no que explora os límites da mente. O domingo 19 ás 20:30 horas poderemos gozar coa música e a danza de agrupacións folclóricas de distintos lugares do mundo no Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

+allá de la imaginación é unha proposta imprevisible que de seguro sorprenderá ao público coruñés. O mentalista, coñecido polas súas intervencións televisivas, leva 30 anos desafiando aos límites da mente. O espectáculo que presenta no Teatro Colón é un repaso por estes anos con grandes doses de improvisación, xa que con Anthony Blake nunca ocorre o mesmo, non hai dúas funcións iguais, pois o material co que traballa son os pensamentos do público. E o público non sempre responde do mesmo xeito, o que o obriga a adaptarse, deixando que o ritmo o marque o espectador.

Unha cámara negra, unha mesa, unha luz intimista e misteriosa, unha música suxerinte e unha envolvente voz son os elementos que Anthony Blake emprega para ler a mente e interpretar e manipular os pensamentos, creando a dúbida do cómo que sentencia na famosa frase: ‘Y recuerden, todo lo que han visto ha sido producto de su imaginación, no le den más vueltas, no tiene sentido’.

 

O Teatro Colón retoma a actividade o 6 de agosto con Pedro Ruíz

A función do Festival Internacional de Folclore deste domingo 19, na que participan grupos de México, Indonesia, Portugal e Galicia, é a última do mes de xullo. O Teatro Colón retomará a actividade o xoves 6 de agosto con Pedro Ruíz, que presentará o espectáculo ‘Uno, pequeño y libre’.

Bertín Osborne, Paco Arévalo, Arturo Fernández e Pedro Ruíz serán os protagonistas durante agosto. A programación do mes estival comeza o xoves 6 con Pedro Ruíz e o seu espectáculo ‘Uno, pequeño y libre’, con funcións do xoves 6 ao domingo 9 ás 20:30 horas.

Do xoves 13 ao domingo 16 Bertín Osborne e Paco Arévalo presentan ‘Por humor al arte’, unha nova aventura de Mellizos con función o xoves 13 e o venres 14 ás 20:30 horas, o sábado 15 ás 20:00 e ás 22:30 horas e o domingo 16 ás 20:30 horas.

A obra de teatro ‘Enfrentados’, protagonizada por Arturo Fernández pecha a programación de agosto. A comedia, na que o actor dá vida a un sacerdote, poderá verse do martes 18 ao venres 21 ás 20:30 horas e o sábado 22 ás 19:00 e ás 22:00 horas.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s